PONTEVEDRA

O Supremo ratifica o cesamento de actividade da EDAR dos Praceres, en Pontevedra

|


Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres, Pontevedra


Novo revés para a actividade da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) Dos praceres. O Tribunal Supremo acaba de confirmar a sentenza previa da Audiencia Nacional pola que se ordena o cesamento das actividades nestas instalacións da parroquia de Lourizán.


O fallo agora confirmado condena o Estado á "adopción de todas as medidas legalmente consideradas para a paralización das actividades" da EDAR, así como á "suspensión do uso e explotación das instalacións". Condena tamén a Administración a incoar o expediente de caducidade da concesión desta actividade á empresa Ence.

A Administración Xeral do Estado e Ence recorreran aquela sentenza de abril do ano 2013 e este novo fallo, ditado pola Sala do Contencioso número 5 do Tribunal Supremo o 23 de xullo de 2015, desestima ambos os dous recursos na súa integridade.


Desestimado o recurso, o Supremo establece que Ence e o Estado paguen as costas do proceso xudicial. Á vista da índole do asunto e da actividade despregada polas partes, o tribunal fixa que esas costas non poderán exceder os 5.000 euros entre ambos os dous.


A sentenza á que agora se desestiman os recursos responde a unha batalla xudicial iniciada pola asociación Salvemos Pontevedra contra a construción da EDAR e do emisario submarino na mesma zona, ao carecer de concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress