#Claves de la semana
DETIDOS PRESUNTOS CULPABLES DO INCENDIO DE CUALEDRO

Liberdade con cargos para o octoxenario veciño de Cualedro arrestado como autor do gran incendio

O presunto culpable do lume que arrasou un total de 3.180 hectáreas en varios municipios lindeiros ourensáns responde as iniciais G. A. A. e ten 83 anos. Declarou ante o xuíz xunto a outras catro persoas


|

A Garda Civil de Ourense detivo este venres un octoxenario veciño de Cualedro como presunto autor do incendio de Cualedro, que arrasou un total de 3.180 hectáreas e que aínda se deu por extinguido este xoves logo de comezar a arder a pasada fin de semana. 


O presunto incendiario, que responde as iniciais de G. A. A., é veciño do mesmo municipio e ten 83 anos, quedou en liberdade pero en condición de imputado a última hora da xornada, logo de pasar a disposición xudicial no Xulgado de Instrución de Verín e declarar ante o xuíz xunto a outras catro testemuñas. 


Autoridades responsables e alcaldes dos municipios ourensáns limítrofes que se viron afectados relataron esta semana que na zona de orixe das chamas atopáronse ata 7 obxectos incendiarios.


O MAIOR LUME DESDE O 2000. 


En concreto, o incendio, o máis grande rexistrado en Galicia desde 2000 no que se refire a extensión iniciouse o pasado domingo ao mediodía en Cualedro e posteriormente propagouse a núcleos de Xinzo, Baltar e Trasmiras.

Afectou a cinco granxas avícolas no pobo de Vilela e resultaron calcinados dous vehículos motobomba e dous alpendres, en Vilela e en Vilar. Ademais, a Xunta de Galicia decretou a situación 2 de urxencia en numerosos pobos, sendo evacuados os veciños de Vilar de Lebres, Lamalonga ou Serralleira.

A intensidade do lume deixou ademais estradas cortadas nos catro municipios ourensáns.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE