#Claves de la semana
O ENTENDER QUE EXISTEN "IRREGULARIDADES"

Carmela Silva levará á Fiscalía a xestión de Louzán en varios proxectos da Deputación de Pontevedra

"Eu non vou asumir ningunha xestión irregular de ninguén", asegura a presidenta provincial


|


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladará á Fiscalía e ao Tribunal de Contas a xestión do anterior goberno provincial de Rafael Louzán en varios proxectos con fondos europeos ao entender que existen "irregularidades".


Trátase dos proxectos Pousadas do Salnés, DepuTrans, DepoTic e DepoGap, que suman máis de 35 millóns de euros de financiamento.


"Eu non vou asumir ningunha xestión irregular de ninguén", asegurou Carmela Silva nunha rolda de prensa na que expresou a súa "preocupación" polas "irregularidades" detectadas "na xestión e nos pagamentos".


A presidenta da Deputación considera que cumprindo co que se denomina a transparencia e a boa xestión das institucións "estou na obriga de remitir estas cuestións que temos detectado á Fiscalía e ao Tribunal de Contas para que tomen as medidas que consideren".


Carmela Silva espera que a Fiscalía e o Tribunal de Contas, "tomen as decisións que consideren oportunas" unha vez que reciban toda esta información.


A presidenta provincial detallou que no caso das Pousadas do Salnés o presuposto inicial era de seis millóns pero a Deputación gastou outros 14 millóns de fondos propios, "triplicando o custo", mediante modificacións de crédito nos seus presupostos detrayendo o diñeiro doutros investimentos "para facer fronte a unha mala xestión e previsión", dixo Silva Rego.


"As irregularidades nos pagamentos atinxen a recoñecementos extraxudiciais de facturas realizadas de forma continua á marxe da correcta tramitación dos pagamentos", explicou o titular da administración provincial.


Silva Rego asegurou tomar esta decisión "por honestidade" e porque a sociedade podería pedirlle responsabilidades por non tomar medidas tras detectar estas irregularidades.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE