#Claves de la semana
OPERACION PATOS

Louzán e Caballero negan que recibisen dádivas na operación Patos

O expresidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vigo deféndense dun informe da Udef que asegura que a construtora Eiriña lles deu agasallos


|

Rafael Louzán e Abel Caballero (Agp)


O expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, negaron este xoves que recibisen dádivas da construtora Eiriña, unha das empresas investigadas na operación Patos.


Un informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef) da Policía sinala que Eiriña regalou reloxos de alta gama ao exconselleiro e actual alcalde de Santiago, Agustín Hernández, ao expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Tamén figuran na lista de supostos agasallados a conselleira Ethel Vázquez; o exvicepresidente da Deputación de Pontevedra José Manuel Figueroa; a expresidenta do porto Corina Porro; a exdelegada da Xunta en Vigo Lucía Molares, e os concelleiros de Vigo David Regades, Ángel Rivas e Isaura Abelairas.

A Udef explica que a diferenza do valor dos agasallos, concedidos entre 2007 e 2013 non só a políticos senón tamén a funcionarios e empregados doutras empresas, obedece ao maior ou menor poder de decisión que os políticos ostentaban nos diferentes organismos públicos investigados.

LOUZÁN: "NON RECIBÍ NINGÚN OBSEQUIO"


 Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, asegurou este xoves nunha entrevista coa Radio Galega que baixo o seu mandato no ente provincial non recibiu ningún obsequio máis aló de "algún agasallo de cortesía", como "unhas botellas de viño, ou algo así", en época de Nadal.


O expresidente da Deputación de Pontevedra afirmou que non formou parte de ningunha comisión de contratación, ao tratarse de "unha cuestión técnica", e que ten "a conciencia moi tranquila", a pesar do cal se mostrou "a disposición do que se nos pida" e expresou o seu "máximo respecto" ao labor xudicial.



CABALLERO: "É A PRIMEIRA NOTICIA"


. "É a primeira noticia que teño", manifestou Abel Caballero, quen agregou que "por suposto que non" recibiu ningún reloxo dunha das empresas investigadas, e remitiu ás mesmas respostas cando lle preguntaron polos seus concelleiros.

Tamén José Manuel Figueroa negou que o recibise, do mesmo xeito que estivese presente en supostas reunións nas que se puido tratar algún concurso público.

Figueroa dixo estar "sorprendido" por estas dúas cuestións que figuran nas dilixencias xudiciais, e polo demais engadiu que "o serio e o rigoroso" é ter coñecemento do "conxunto do sumario" para a partir de aí "facer un pronunciamiento oficial".

O xulgado de instrución 7 de Vigo levantou esta semana o segredo das dilixencias abertas no marco da Operación Patos que investigan supostas irregularidades en contratacións públicas.

En febreiro de 2014, a Policía detivo a cinco persoas, un exconcelleiro de Nigrán (Pontevedra) e administradores e empregados das empresas Cespa e Eiriña; e practicou rexistros nas corporacións de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Ponteareas e Ourense.

Tamén houbo rexistros na delegación da Xunta en Vigo, en dependencias da Zona Franca, o Consorcio do Casco Vello e o porto, e na Deputación de Pontevedra.

O sumario apunta a que Eiriña puido resultar adxudicataria de obras públicas en conivencia con cargos, funcionarios ou técnicos de diferentes administracións.

Entre os contratos investigados figuran catro adxudicados pola Deputación de Pontevedra a Eiriña para catro campos de fútbol por importe superior aos tres millóns de euros, e segundo a Udef mediaron influencias sobre funcionarios e o por entón presidente do ente, Rafael Louzán.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE