FEIJOO RECIBE O PENTACAMPEON MUNDIAL JAVIER GÓMEZ NOYA

Feijóo homenaxea o pentacampeón Gómez Noya

|


Gomeznoyafeijoo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu no Pazo de Raxoi ao triatleta Javier Gómez Noya, quen o pasado domingo se converteu no primeiro deportista en gañar cinco títulos mundiais deste deporte.


Gómez Noya, vencedor de catorce probas da Copa do Mundo, asegurouse o seu quinto título mundial ao terminar en segunda posición, detrás do tamén español Mario Mola –subcampión do mundo–, a última carreira das Series Mundiais, disputada en Chicago. Un triunfo que permitiu ao triatleta galego facer historia, xa que nunca antes ningún deportista gañara cinco campionatos mundiais.

"Para min é moi especial que se valoren os éxitos deportivos, tanto os meus como os doutros deportistas galegos. Estou moi contento por este quinto título mundial, o cal é un aliciente, unha motivación extra para seguir traballando de cara ao próximo ano", declarou durante o seu discurso Gómez Noya.

Un 2016 que o pentacampeón enfocará deportivamente na próxima cita olímpica de Río de Janeiro, onde buscará conquistar a medalla de ouro, o único metal que lle falta no seu extenso palmarés, tras colgarse a medalla de prata nos Xogos de Londres 2012.

"Vou centrar toda a miña preparación e todo o meu esforzo nesta carreira. Oxalá poida darlle outra alegría a Galicia en forma de medalla. Os Xogos de Río van ser o meu gran obxectivo", asegurou Gómez Noya.


Núñez Feijóo agradeceu ao triatleta ferrolán, "en nome de Galicia e do pobo galego", que leve por todo o mundo a marca "Galicia Calidade", a cal representa "a 300 empresas galegas".

"Nós sentímonos orgullosos de que sexas galego, de que sigas sentindo Galicia e de que sexas o mellor triatleta do mundo", comentou Núñez Feijóo, quen asegurou que o seu goberno destinou 60 millóns de euros no deporte galego desde 2009.

O titular da Xunta destacou o "difícil" que é gañar cinco veces o mesmo título, un reto que, como apuntou, anteriormente lograran a selección de fútbol de Brasil no Campionato do Mundo ou o ciclista Miguel Induráin no Tour de Francia.


Na súa intervención, o presidente situou ao deporte como parte fundamental da política da Xunta, e cifrou en perto de 60 millóns de euros o investimento da Xunta desde 2009 en concepto de axudas a federacións deportivas, clubs, deportistas de alto nivel e instalacións. Ademais, Feijóo indicou que a Secretaría Xeral para o Deporte traballa en “proxectos interesantes” no seu Orzamento para 2016 que, de ser aprobado polo Goberno, significará “boas novas para o atletismo galego”.


Unha carreira repleta de éxitos


Os cinco mundiais acadados por Javier Gómez Noya (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015) súmanse a unha longa lista de éxitos entre os que destacan tres subcampionatos do Mundo (2007, 2009 e 2012), tres campionatos europeos (2007, 2009 e 2012), e un diploma e unha medalla de prata olímpicas acadadas nos Xogos Olímpicos de Pekín (cuarto lugar) e de Londres (segunda posición).



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress