#Claves de la semana
APOIO A TARIFA ELECTRICA GALLEGA

O Concello de Vigo apoia a demanda dunha tarifa eléctrica galega

Baseada na nosa condición excedentaria na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como das diferentes peaxes do sistema que atenden ás singularidades de determinados territorios.


|

O Concello de Vigo aprobou este luns, cos votos en contra do Partido Popular, unha declaración de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de medidas contra a pobreza enerxética e para garantir a enerxía como servizo público que promove a CIG. O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, foi o encargado de tomar a palabra no pleno para explicar a proposta da central.


O representante sindical indicou que a iniciativa está fundamentada no valor estratéxico que para Galicia ten o sector enerxético, polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial.


Lamentou que no Estado español se impuxese o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galicia ao tratar por igual os consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía.


“É posíbel a concreción dunha tarifa máis baixa, para que realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español e para posibilitar o seu crecemento industrial”, asegurou.


Na proposta da CIG concrétase o desenvolvemento dunha política enerxética baseada no papel protagonista da Administración galega, na necesidade para o país de dotármonos dunha tarifa eléctrica específica, fundamentada da nosa condición excedentaria na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como das diferentes peaxes do sistema que atenden ás singularidades de determinados territorios.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE