MUSEO DE PONTEVEDRA

Voltan o sábado día 3, as visitas guiadas aos edificios do Museo de Pontevedra


|

O programa 'Ven coñecer o Museo' volve poñerse en marcha a partir do próximo sábado 3 de outubro con visitas guiadas que pretenden achegar ao público a historia dos seis edificios que forman parte do Museo Provincial .As visitas estenderanse ata o 29 de maio de 2016.


Segundo o deputado de Cultura, Xosé Leal, este programapermite que as persoas poidan coñecer máis a fondo o patrimonio arquitectónico e artístico do Museo e familiarizarse con esta institución fundamental na historia e na cultura de Pontevedra.


Os sábados está programada 'A Ruta do Museo' na que se realiza unha aproximación á historia dos seis edificios e ás súas principais coleccións. Iníciase a partir das 11.30 horas nas Ruínas de San Domingos, primeiro edificio que acolleu a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra en 1894, creadora do Museo pontevedrés. A actividade ten unha duración de 90 minutos.


Aquelas persoas que queiran participar deben inscribirse a través do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou a través do teléfono 986.804.100.


Os domingos celébrase a proposta 'Achégate ó Sexto!', unha visita guiada para familiarizar ao público coas coleccións e a arquitectura do Sexto Edificio do Museo, composto por 23 salas. Para participar nesta actividade non é necesaria a inscrición previa. Só se precisa acudir ao vestíbulo do Sexto Edifiico o domingo 4 a partir das 11.30 horas. A visita dura ao redor de hora e media.


As dúas rutas son gratuítas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE