#Claves de la semana
FERROL ELABORA UNHA LEI DE PUBLICIDADE INSTITUCIONAL

O Concello de Ferrol anuncia unha lei de publicidade institucional para evitar o “autobombo” nos grandes medios

Haberá “trasparencia” nas axudas públicas “con gastos xustificados e non improvisados en función de citas electorais ou de dar autobombo a determinadas políticas”, adianta


|

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol e Beatriz Sestayo, Tenente alcalde 


A impunidade coa que certos gobernos municipais viñan actuando no financiamento encuberto dos grandes poderes mediáticos deste país comeza a ter os días contados. Os concellos gobernados polas mareas, como Santiago, A Coruña ou Ferrol, e outros como Ames, do PSdeG, entre outros, xa están traballando en leis de publicidade institucional para que os cidadáns coñezan canto e onde van os cartos que se destinan aos medios de comunicación.



Martiño Noriega xa ten apuntado a necesidade de transparentar estas axudas na mesma liña que defende o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, que vai máis alá e xa anuncia unha lei de publicidade institucional para o vindeiro ano.


Entendo que pode xerar certa polémica nalgún medio de comunicación”, dixo Suárez ao ser preguntado por esta cuestión en clara alusión aos grandes poderes mediáticos. “Vai estar listo no ano 2016 acompasalo co vindeiro orzamento. Buscamos que todos os medios de comunicación teñan total trasparencia dos recursos que vai a haber dispoñibles, cousa que non había ata o de agor,-- porque o que era publicidade se cuantificaba como gasto diverso”, suliñou.


Suárez tamén destacou que, a diferencia do que acontece ata o de agora, no que só os grandes medios tiñan acceso a estas axudas, a partir do vindeiro ano, tamén os pequenos medios terán sido en conta polo concello. Iso si, vai rematar, ou iso suxeriu o rexedor ferrolán, a práctica que se facía ata o momento de publicidade a cambio de propaganda. “Todos poderán acceder aos recursos públicos con total transparencia, con gastos xustificados e non improvisados en función de citas electorais ou de dar autobombo a determinadas políticas”, dixo.


(Fuentes: Concello de Ferrol y gc)

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE