#Claves de la semana

Persecución de película polas rúas de Pontevedra

Un condutor circulou de maneira temeraria invadindo o carril contrario e meténdose por direccións prohibidas en rúas como Eduardo Ponda.


|


Pontevedra


Un condutor circulou de maneira temeraria invadindo o carril contrario e meténdose por direccións prohibidas en rúas como Eduardo Pondal, Avenida da Estación, Josefina Arruti, Avenida de Vigo, e outras rúas contiguas a Pontevedra onte por la tarde. Os gardas detallaron que o fuxido puxo en serio risco aos peóns e aos pasaxeiros dun autobús.


Segundo fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, os feitos sucederon cando unha patrulla observou a un vehículo que circulaba sen seguro nin ITV. Cando os axentes procederon a darlle o alto, o condutor deuse á fuga iniciándose unha persecución a gran velocidade polas rúas de Pontevedra.




Unha segunda patrulla que se sumou á persecución conseguiu bloquear o paso ao coche. O condutor,  que deu positivo no test de detección de drogas foi detido imputándoselle un delito contra a seguridade viaria .

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE