#Claves de la semana
RELEVO NAS DELEGACIONS DA XUNTA EN OURENSE E VIGO

Feijoó cambia aos delegados da Xunta en Ourense e Vigo

Aínda que suliña que non é un “cese”, o certo é que os afectados tiñan anunciado que non ían dimitir.

María J. Bravo está imputada na 'Operación Patos' e Rogelio Martínez nunha causa de supostas irregularidades na xestión de fondos europeos.



|

O presidente Feijóo e ata hoxe a delegada da Xunta en Vigo, o día da toma 

de posesión de María José Bravo Bosch 


Núñez Feijóo segue a tomar medidas coa vista postas nas vindeiras citas do calendario electoral. Se hai uns días anunciaba remodelación de varias Consellarías, esta quinta feira daba a coñecer o relevo dos delegados da Xunta en Vigo e Ourense, María José Bravo Bosch e Rogelio Martínez, ambos os dous imputados.


O mandatario galego teimou esta quinta na súa intervención en suliñar que os dous ceses respondían a ceses a petición propia. Mais Bravo Bosch está imputada na 'Operación Patos' e Martínez en supostas irregularidades na xestión de fondos comunitarios cando era alcalde de Arnoia. Porén, o propio Feijóo admitiu na súa intervención que influiu a súa implicación en casos de corrupción.

O xa ex delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez


Curiosamente, a decisión de cambialos, e a pesar de que Feijóo insistiu en que era “a petición propia” prodúcese cando os dous delegados tiñan manifestado públicamente que non pensaban dimitir. A última en facelo foi Bravo Bosch. "No depende de mí, pero en lo que depende de mí, que sería dimitir, no lo voy a plantear", dicía o pasado 28 de setembro.


NON É UN CESE


“Non é un cese, senón que a súa dispoñibilidade estaba garantida”, dixo Feijóo sobre esta cuestión. En todo caso, recoñeceu que se facían agora estes cambios porque, aínda que respecta as presuncións de inocencia, “todo inflúe”, en política, en relación as súas imputacións.”Uns responden dun xeito e outros, doutro, e tamén hai ciclos políticos”, dixo.


A delegación da Xunta en Vigo pasará ser asumida por López-Chaves, presidente das Autoridade Portuaria viguesa, ex-deputado do PP no Parlamento galego e coñecido, entre outras cuestións, por non dar palabra en galego nas súas intervencións. 


En Ourense, Marisol Díaz Mouteira será quen exerza o cargo de delegada da Xunta a partir de agora.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE