#Claves de la semana
DENDE O LUNS 19 ATA O DOMINGO 25, CAMPAÑA DA DGT NAS ESTRADAS CONVENCIONAIS

Tráfico inicia este luns, en Galicia, unha vixianza intensiva nas estradas convencionais

Este luns, día 19, a DXT inicia unha campaña especial de vixianza nas estradas convencionais de Galicia, aumentando os controis neste tipo de vías.


|

Axentes da Guardia Civil de trafico

A partir deste luns 19 de outubro a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) poñerá en marcha unha nova campaña especial de vixilancia nas estradas convencionais de Galicia.


 Durante toda a semana -ata o domingo día 25-, incrementaranse os controis neste tipo de vías.


Segundo os datos estatísticos de Tráfico, catro son os factores que máis inciden nos accidentes: o exceso de velocidade, o consumo de alcol e drogas, non usar o cinto de seguridade e as distraccións.


Nese sentido, os axentes da Garda Civil vixiarán, ademais da velocidade, os adiantamentos indebidos, a inxesta de alcol ou drogas, o uso de casco e sistemas de retención, a utilización do teléfono móbil ou auriculares durante a condución, a manipulación de navegadores ou de calquera outro elemento que poida distraer e, en xeral, calquera infracción da normativa vixente en materia de circulación viaria.


Os xefes dos subsectores das catro provincias galegas coordinan esta campaña na que,sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.


Desde Tráfico apuntan que aínda que a maioría de accidentes con vítimas prodúcense en vías urbanas, o maior número de falecidos e feridos graves rexístranse en vías convencionais. En 2014, o 38,38% dos accidentes de tráfico con vítimas rexistrouse en en vías interurbanas, onde se encadra o 73,87% do total de vítimas mortais. Á súa vez, o 77% dos falecidos en vías interurbanas rexistráronse en vías convencionais.


CAMPAÑA ANTERIOR EN GALICIA


Como resultado da última campaña específica de vixilancia de vías convencionais en Galicia, desenvolvida do 20 ao 26 de outubro de 2014, controláronse 81.650 vehículos, resultando denunciados 3.017 condutores.


Entre as denuncias que máis incidencia tiveron para a seguridade viaria, destaca o exceso de velocidade (con 1.837 denuncias, que supón máis do 58% das totais) seguido pola ausencia de cinto de seguridade e doutros sistemas de retención (con 187 denuncias, case o 6%), o consumo excesivo de alcol (121 denuncias, case o 5%) e o uso do teléfono móbil (136 denuncias, o 4,33%).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE