MUSEO DO ENTROIDO EN XINZO

A Vila de Xinzo, en Ourense, xa pode difrutar do carnaval todo o ano

Núñez Feijóo inaugurou este vernes en Xinzo O Museo do Entroido, unha "vella aspiración" que reúne traxes e documentación sobre os 175 entroidos gallegos


|



presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que o Museo Galego do Entroido permitirá mellorar a difusión e coñecemento dos entroidos galegos, que son "o resumo dunha forma de entender a vida", e, en particular, o de Xinzo de Limia, un dos poucos que conservou co paso do tempo todas as súas particularidades.



Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que este Museo é hoxe unha realidade grazas á colaboración entre as administracións e o investimento conxunto de case 450.000 euros.

Ademais, o titular do Goberno galego destacou que con este novo edificio se superará a gran eiva do entroido, que é o seu marcado carácter estacional. “Este Museo fará posible algo histórico: que en Xinzo poida ser entroido todo o ano”.

Nese sentido, Feijóo sinalou que unha das ambicións deste Goberno é apostar pola diversificación e a desestacionalización dun sector, o turístico, que está a ter un gran tirón na nosa economía e configuración social.

O presidente da Xunta explicou que se están a dar os pasos necesarios para fortalecer algúns dos nosos principais valores turísticos, como son o Camiño de Santiago e o termalismo.

Novo albergue de peregrinos 

O titular do Goberno puxo en valor as boas cifras acadadas este ano en recepción de peregrinos. “No que vai de ano chegaron a Santiago perto de 250.000 peregrinos”, un 10% máis que no mesmo período do ano anterior. Tamén destacou o aumento da afluencia de peregrinos na Vía da Prata, Ruta Xacobea que atravesa Xinzo e que rexistrou un incremento do 8%. Para acollelos, Feijóo confirmou que a localidade contará proximamente cun novo albergue de peregrinos, que “xa está finalizado”.

Termalismo
O presidente da Xunta destacou o impulso do turismo termal a través do Plan termal como exemplo da aposta deste Goberno pola diversificación e desestacionalización do sector.

Segundo explicou Feijóo, o Plan Termal impulsa a posición de liderado de Ourense e Galicia nese sector, convérteo en abandeirado do turismo de calidade e fai do termalismo unha opción que conxuga ocio e saúde.



MuseodeXinzo23102015gp


MuseodeXinzo23102015gp1


Museoxinzo2310201503gp

Algunhas das 175 figuras que alberga o Museo hoxe inaugurado en Xinxo, Ourense, 

na que ten un lugar privilexado "A Pantalla", caracteristica do "Entroido" de esta Vila

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE