#Claves de la semana
O COMITE DE ETICA, DA DEPUTACION DE OURENSE, REUNIRASE ESTE XOVES

O Comité de Ética da Deputación de Ourense analizará este xoves a situación de Manuel Baltar

Será a primeira vez, que este órgano abordará unha cuestión específica así, como demandou o PSOE na Deputación


|

O Comité de Ética da Deputación de Ourense ten previsto reunirse este xoves para abordar o caso do presidente da institución provincial, José Manuel Baltar, tras o escrito presentado na Fiscalía por unha muller que denuncia que o dirixente popular ofreceulle unha praza fixa a cambio de sexo.


Fontes deste órgano creado no seo da institución, que ata agora se cinguía ás reunións semestrais fixadas polo seu funcionamento interno, ratificaron que, por primeira vez, abordará unha cuestión específica. Así o demandou o PSOE na Deputación.

Preside o Comité o avogado, Miguel Angel González Trigás, designado polo Colexio de Avogados de Ourense. Del forman parte tamén Jesús Branco, como membro do Colexio de Secretarios e Interventores Tesoureiros da Administración Local; Enrique Varela, designado por Transparencia Internacional e Antonio González Fernández, da Universidade de Vigo. Como secretario da mesa, sen voto, exerce as funcións José Juan Cerdeira Lois, elixido por sorteo entre os funcionarios do Corpo Superior da Administración Provincial. Os socialistas manifestaron o seu rexeitamento a que estea presente porque o ven ligado ao PP e ao "baltarismo".

Dado que se trata do primeiro asunto específico que trata o Comité, os seus integrantes decidirán este xoves os pasos a dar nun caso no que ven as principais implicacións éticas ligadas ás gravacións que a muller achegou ao escrito rexistrado na Fiscalía, xa que "nalgunha se pode entender que o presidente suxire que pode modificar notas" de procesos selectivos na Deputación. 

relacionada Feijóo evita pronunciarse sobre Baltar y remite al pleno, donde deberá responder a los grupos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE