#Claves de la semana
NAVANTIA FERROL

Navantia consegue contratos en Australia para finalizar tres destrutores baseados nas fragatas 'F-100' feitas en Ferrol

A sinatura do acordo supón reforzar a presenza da empresa naval pública española é as Antípodas


|

Fragata F100, fabricado en Navantia Ferrol


A empresa naval pública Navantia asinou un contrato coa australiana ASC polo que a compañía pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) se compromete a colaborar nos traballos de construción dos destrutores australianos 'AWC', que están baseados na fragatas 'F-100' da Armada española, do deseño da cal e execución encargáronse os estaleiros da Ría de Ferrol.


A sinatura do contrato tivo lugar na cidade australiana de Sidney, nun acto que reuniu representantes do Goberno deste país, dos estaleiros ASC e da empresa especializada en armamento e solucións tecnolóxicas militares Raytheon. Navantia estivo representade a polo seu presidente, José Manuel revuelta e polo director en Australia da empresa española, Francisco Barón.

O contrato é parte da 'Estratexia de Reforma dos AWD' iniciado pola Commonwealth de Australia en 2014 e contempla o apoio de Navantia a ASC na construción dos tres destrutores. A empresa pública española colaborará para poder materializar estes buques no menor prazo posible, nunha actuación que se está desenvolvido nun complexo industrial situado en Adelaida, no estado de South Australia.

Ata a data, Navantia veu subministrando o deseño e algúns equipos e sistemas principais dos buques militares. Este contrato chega no momento no que os dirixentes do país situado no Océano Índico decidiron buscar solucións para mellorar os problemas detectados durante a construción dos buques, algúns dos cales, como os bloques das zonas de quilla, proa ou popa, foron fabricadas nos estaleiros de Fene e Ferrol e enviados por mar ata Australia, para a súa ensamblaxe.

DENDE 2007

Dende 2007 Australia converteuse no principal cliente para Navantia en canto a carga de traballo, xa que tres contratos permitiron poder colaborar en maior ou menor medida nas construción dos buques destrutores 'AWD', os dous buques anfibios do tipo 'LHD', recentemente entregada á Armada de Australia, ademais de doce lanchas de desembarco realizadas nos estaleiros da Baía de Cádiz.

Ademais de colaborar na realización destas obras, a empresa española foi a encargada de realizar os proxectos construtivos, o que motivou tamén ocupación á oficina técnica da empresa, sobre todo á situada nas instalacións de Navantia Ferrol. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE