#Claves de la semana
CARBALLO, A CORUÑA

Rifirrafe de mariñeiros do cerco con Feijóo, que os atende en Carballo (A Coruña) antes dun mitin

O alcalde de Malpica, do PP, sitúase detrás da pancarta baixo o lema "Eu apoio o cerco"



|

20D-. Rifirrafe de mariñeiros do cerco con Feijóo, que os atende en Carballo (A Coruña) antes dun mitin


O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, atendeu a tres mariñeiros do cerco antes de participar nun mitin na localidade coruñesa de Carballo, a capital de Bergantiños, onde a sala quedou pequena para recibir veciños de toda a bisbarra.


O encontro, perto das 21,00 horas, produciuse despois de varios intentos de contacto por parte dos mariñeiros do cerco, que permanecen acampados dende hai 50 días ante San Caetano e levan sin poder dous meses faenar. Previamente acudiran a Marín e Lalín, entre outros lugares, pero non conseguiran acceder ao presidente.


Esta vez, antes de entrar no edificio, e rodeado dun forte dispositivo de seguridade, Feijóo atendeu aos mariñeiros, dous de Malpica e un de Vigo, que lle entregaron unha carta coas súas reivindicacións e pedíronlle que os recibise para abordar a súa problemática.


Feijóo defendeu que el xa se reunira con eles e subliñou que a repartición de cota "se pactou" entre os barcos. "Sei de que vai isto, sei de que vai isto", repetiulles o mandatario autonómico, quen reivindicou que se lograran 500 toneladas.

Os mariñeiros do cerco botáronlle en cara que eles eran "a maioría", que representan o 80 por cento do sector, e apelaron a que estaban en "democracia" para instar a que se cumprise co que eles demandaban, por ser o parte máis numeroso de confrarías.

"¡Non nos representas!", "Mira á cara a esas 1.200 familias!", "¡Non es galego nin nada!", "¡Axúdanos, joder!", escoitouse entre os mariñeiros do cerco, xa que unha vintena deles permaneceu apostada ante o Pazo da Cultura con pancartas, detrás das cales --na que rezaba 'Eu apoio o cerco-- chegouse a situar o alcalde popular de Malpica, Eduardo Parga Veiga".

De feito, o propio Parga intermediou co presidente da Xunta, segundo comentou antes do encontro, para que Feijóo atendese os mariñeiros afectados por esta problemática, se ben defendeu o mandatario autonómico: "Se fose tan doado xa o tería solucionado".

Finalmente, o presidente despachou os mariñeiros asegurando que el sabía do que falaba e cun "vale, vale", ante os reproches que recibía para que mediase na situación na que se atopan.


Xa no mitin, o mandatario autonómico remarcou que o PP é o partido que "apoia o mar". "Por moito que digan algúns, somos os que máis sabemos de mar e os que máis defendemos o mar. Ide contalo aos de Podemos onde está Malpica e Bergantiños, e que e como se pesca", proclamou.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE