#Claves de la semana
O SINDICATO SATSE, DENUNCIA A FALTA DE CUMPLIMENTO DA RATIO DA UE, NA SANIDADE GALEGA

O Satse entrega 5.000 sinaturas para reclamar que o Sergas contrate 5.000 enfermeiros

O Sindicato entregou hoxe por registro no Sergas mais de cinco mil firmas de enfermeiras/os que solicitan o presidente da Xunta de Galicia, o aumento da plantilla, para cumplir co a ratio que exixe a Unión Europea


|

Sindicato de Enfermaría de Galicia (Satse) entregou este xoves 5.000 sinaturas no rexistro da Xunta dirixidas ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, para reclamar que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contrate 5.000 enfermeiros máis ante o “déficit” de profesionais existentes.


En declaracións aos medios ante o rexistro da Xunta, a secretaria xeral autonómica do Satse, Carmen García Rivas, denunciou que o número de enfermeiros existentes en Galicia está “por debaixo” da media española que, á súa vez, tamén é menor á media europea.


E é que a media na UE é de 5,3 enfermeiros por cada 1.000 habitantes, en España é de 3,3 enfermeiros, mentres que en Galicia aínda menor, de 3,2 enfermeiros por cada 1.000 persoas.


Todo iso, mentres “se están a exportar profesionais moi cualificados” e se arrastra “unha precariedade en número de equipos” respecto á poboación a atender. Por este motivo, Satse pide unha dotación “de máis do 100% dos equipos”, debido aos recortes acumulados nos últimos anos en enfermeiros, matronas ou fisioterapeutas nos centros sanitarios.


Así mesmo, García Rivas explicou que trasladarán estas reivindicacións ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nunha reunión este xoves, tras entregar as 5.000 sinaturas -recollidas entre profesionais e usuarios-.


SOBRECARGA E PRECARIEDADE


Este “reducido” equipo duns 9.000 profesionais de enfermaría en Galicia, que o Satse demanda aumentar en 5.000 traballadores, deu lugar a “unha sobrecarga abafadora”, xa que se perde “equipo consolidado en torno a 39%”, polo que “non se pode seguir mantendo uns coidados de calidade” con esta ratio.


Sobre este extremo, a potavoz de Satse en Galicia considera “bastante exiguas” as prazas que se convocan por concurso oposición, de forma que espera que a Xunta “se sensibilice” e faga novas contratacións.


Xunto a iso, censura que os enfermeiros “están a sufrir a eventualidade constante”, xa que “non se cobren as baixas ou as vacacións”, o que “non é forma de dar unha seguridade ao paciente”, a pesar de que ás administracións lles enche a boca” dicindo que se cumpre esta materia.


Ademais, chama a atención, máis alá dos centros de saúde, sobre os centros de maiores, nos que falta persoal e a Xunta “se mantén de perfil”.


Finalmente, Carmen García fixo fincapé en que o caso “máis cantoso” da falta de profesionais se produce en Atención Primaria, con contratos “en fraude de lei” de luns a venres “para aforrarse as cotizacións da fin de semana”, “con subterfuxios para aforrar custos a conta do profesional”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE