#Claves de la semana
ESTÁ PERTO DE DESCENCER POR DEBAIXO DO EURO

O gasóleo cae un 3,27% na última semana e volve a mínimos de 2010

A gasolina 95 tamén baixou un 1,89% e véndese a 1,140 euros de media o litro



|

O gasóleo abaratouse un 3,27% na última semana e o litro véndese de media a 1,005 eurosnas estacións de servizos españolas, o que supón volver marcar mínimos de febreiro de 2010. 


Segundo os datos do boletín petroleiro da Unión Europea, con esta baixada o gasóleo acumula un descenso do 5,81% nun mes e xa se vende un 8,8% máis barato que ao comezo do ano.

En canto á gasolina 95, baixou un 1,89% na última semana e véndese a 1,140 euros de media o litro, rozando o mínimo anual e un 2,73% máis barato que hai un mes.

Se comparamos coas mesmas datas do ano pasado, a rebaixa é do 13,05% para o gasóleo e do 9% para a gasolina. Fronte a como empezou o ano, a gasolina, que marcou mínimo anual en 1,117 euros a mediados de xaneiro, véndese un 0,96% máis barata.

Fronte aos máximos de ambos os carburantes, a baixada é do 30,4% para o gasóleo e do 25,10% para a gasolina.

As baixadas de carburantes enmárcanse nun contexto de mínimos do cru cun barril de cru Brent para entrega en xaneiro que este mércores pechou no mercado de futuros de Londres en 37,19 dólares. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE