POR ENRIBA DA MEDIA, ATA 39.691 MILLÓNS

A cifra de negocios do comercio aumenta un 3,5% en 2014 en Galicia, por enriba da media

|


A cifra de negocios do sector comercio aumentou un 3,5% en 2014 en Galicia en relación co ano anterior, por enriba da media (onde creceu un 2,9%), e ata situarse en 39.691 millóns de euros, segundo os datos que publicou o venres o Instituto Nacional de Estatística (INE). Sobre o total estatal onde o sector comercio alcanzou unha facturación de 656.527 millóns de euros a cifra galega representa un 6%.


Por comunidades, as que tiveron maior participación na cifra de negocios do sector comercio en 2014 foron Madrid (co 25,2% do total), Cataluña (19,3%) e Andalucía (12,3%). Pola súa banda, as que tiveron menor peso foron La Rioja (0,5%), Cantabria (0,9%) e Comunidade Foral de Navarra (1,3%).

As comunidades que máis incrementaron a súa cifra de negocios respecto ao ano anterior foron Castilla e León (8,7%), Comunidade de Madrid (7,0%) e Rexión de Murcia (6,6%).

Pola contra, as comunidades que máis reduciron a súa facturación respecto ao ano anterior foron Canarias (-4,6%), Extremadura (-3,0%) e Castilla La Mancha (-2,7%).

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, un 60,0% da facturación do sector en 2014 correspondeu ao comercio por xunto, agás de vehículos. As empresas almacenistas ocuparon ao 34,8% do persoal total do sector comercio.

O comercio polo miúdo, agás de vehículos, representou o 31,1% do total da cifra de negocios do sector e o 56,0% do persoal ocupado. Estatística destaca que seis de cada 10 empresas do sector eran comercios minoristas.

Pola súa parte, a facturación e o persoal ocupado da actividade de venda e reparación de vehículos estiveron en torno ao 9,0% do total correspondente.

POR RAMAS DE ACTIVIDADE

A un nivel máis desagregado, as ramas de actividade con maior contribución ao total da facturación en 2014 foron outro comercio por xunto especializado (19,5%) e comercio por xunto de produtos alimenticios, bebidas e tabaco (16,4%).

As ramas de actividade que máis incrementaron a súa facturación en 2014 foron comercio por xunto non especializado (19,3%) e comercio polo miúdo non realizado nin en establecementos, nin en postos de venda nin en mercados (13,0%).

Pola contra, as que rexistraron os maiores descensos foron comercio polo miúdo en postos de venda e en mercados (-7,2%) e venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus repostos e accesorios (-6,9%).

PERSOAL OCUPADO E PRODUTIVIDADE


A produtividade (valor engadido por persoa ocupada) do sector comercio foi de 32.320 euros en 2014, un 2,8% máis que o ano anterior.

O persoal ocupado no sector situouse en 2,862 millóns de persoas, un 1,1% menos que o ano anterior. As ramas de actividade que ocuparon un maior número de persoas foron outro comercio polo miúdo en establecementos especializados (26,9% do total) e comercio polo miúdo en establecementos non especializados (16,7%).

As ramas de actividade que rexistraron maior produtividade foron comercio por xunto de artigos de uso doméstico e comercio por xunto de equipos para as tecnoloxías da información e as comunicacións, ambas as dúas con máis de 50.000 euros.

Pola súa banda, os sectores menos produtivos foron comercio polo miúdo en postos de venda e en mercados (10.228 euros) e comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados (16.670 euros).

DESTINO XEOGRÁFICO DAS VENDAS

O 88,8% das vendas do sector comercio en 2014 realizouse dentro de España, o 6,8% dirixiuse a outros países da Unión Europea e o 4,4% ao resto do mundo.

As ramas de actividade con maior porcentaxe de vendas fóra de España foron intermediarios do comercio (cun 22,2%), comercio por xunto non especializado (19,8%) e outro comercio por xunto especializado (17,8%).

POR TAMAÑO DA EMPRESA

O comercio caracterízase polo predominio de empresas moi pequenas. De feito, en 2014 máis de 95% de empresas de sector tiña menos de 10 ocupados. Estas empresas deron emprego ao 48,4% do persoal, pero a súa facturación apenas representou a terceira parte do total da cifra de negocios do sector.

Pola súa banda, as empresas grandes (con 250 ou máis ocupados representaron o 0,1% das empresas do comercio e facturaron o 29,2% do total do sector. Estas empresas ocuparon o 23,7% do persoal.

INVERSIÓN

A inversión total (en activos materiais e intanxibles) realizada polo sector no ano 2014 ascendeu a 9.316 millóns de euros. Un 49,2% procedeu de empresas de comercio por xunto, agás de vehículos e un 38,4% de empresas de comercio polo miúdo, agás de vehículos.

En relación á cifra de negocios, a inversión supuxo o 1,2% da facturación para as empresas de comercio por xunto, agás de vehículos, o 1,7% para as do comercio polo miúdo, agás de vehículos e o 2,0% para as da actividade de venda e reparación de vehículos. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress