O Camiño de Santiago gañou 25.000 peregrinos en 2015

|

O Camiño de Santiago acaba de pechar un bo 2015, no que sumou preto de 25.000 camiñantes máis con respecto a 2014. En total, peregrinaron a Compostela máis de 262.000 persoas, unha cifra que reivindica a popularidade da Ruta Xacobea. 


Como ven sendo habitual, o Camiño segue atraendo a peregrinos procedentes de todas partes do mundo. Os camiñantes estranxeiros de 2015 procedían de 178 países diferentes, 39 máis que en 2014, e supuxeron máis da metade dos peregrinos que solicitaron a Compostela. Deixando España aparte, o país do que procederon máis camiñantes durante o 2015 foi Italia, que aportou máis de 22.000 peregrinos. Por segundo ano consecutivo, os italianos superan a Alemaña, que tradicionalmente lideraba o ranking de emisores de peregrinos, completado por Estados Unidos, Portugal, Francia; Reino Unido, Irlanda, Canadá, Corea e Brasil.  


No relativo á ruta escollida, o Camiño Francés segue sendo con diferencia o máis transitado. Máis de 172.000 peregrinos escolleron este camiño, representando o 65'61% dos peregrinos que chegaron a Santiago. Tralo Camiño Francés sitúase o Portugués con algo máis de 43.000 peregrinos, o 16'44% do total, e o Camiño Primitivo cuns 11.500, o 4'35% do total. Pechan o ranking o Camiño Inglés e o Camiño do Sudeste, rondando ambos os 9.200 camiñantes. 



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress