#Claves de la semana
A CORUÑA

Os Museos Científicos coruñeses pechan 2015 con 52.000 visitas máis que en 2014

Os espazos de divulgación da cultura científica acolleron máis de 433.000 visitantes durante o ano 2015.


|

Aquarium Finesterrae, o museo coruñés mais visitado.


Os Museos Científicos coruñeses acadaron en 2015 o maior número de visitantes dos últimos catro anos. Un total de 433.490 persoas pasaron polos tornos da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium no seu horario habitual nestes doce meses, o que supón un incremento de 52.098 visitas, un 13,65% sobre a cifra rexistrada no 2014, que foi de 381.392 visitantes


O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou este domingo o éxito “dun contenedor de excelencia fundamental” como son estes espazos municipais. “O Goberno local entende a ciencia como un elemento integrado na cultura. O 'Coñecemento' que leva a Concellería é tamén a firme convicción por poñer en valor unha institución histórica como son os Museos Científicos”, destacou o responsable municipal, quen fixo fincapé na aposta do Executivo “desde o primeiro momento” por estes espazos, “un compromiso que fixemos constar no programa electoral e hoxe vemos nos resultados, fronte ao abandono e falta de interese que sufriron na anterior etapa de Goberno”.


O museo científico máis visitado, o Aquarium Finisterrae, recibiu en doce meses 221.817 persoas, case 16.000 más que no período anterior (205.909 no 2014). A Domus foi o espazo que máisincrementou o seu rexistro de visitas da tríade, até un 25%. No 2015, ano no que cumpriu o 20 aniversario aberto ao público, atravesaron as súas portas 116.997 persoas, 24.000 máis que no 2014. “O fortalecemento das infraestruturas e as liñas programáticas do museo resultaron fundamentais”, destacou José Manuel Sande en relación ao aumento de visitas do mesmo. Pola súa banda, o decano dos contenedores de divulgación da cultura científica na cidade, a Casa das Ciencias, acolleu a visita de 94.676 persoas, 12.162 máis que no ano 2014 (82.514). O museo do Parque de Santa Margarita, que cumpriu 30 anos desde a súa inauguración, aproxímase por primeira vez, en catro anos, ás 100.000 visitas.


Ás máis de 433.000 persoas que se achegaron aos tres museos durante o seu horario de apertura ao público súmase o número de asistentes e participantes das actividades, obradoiros ou conferencias que tiveron lugar ao longo de todo o ano, como o Mes Escéptico ou os obradoiros de robótica na Domus, “e que tamén resultaron moi exitosas”, segundo sinalou o edil. “O aumento de actividade dentro dos propios espazos, a ampliación das liñas de programación e a implicación do persoal dos museos” foi, segundo Sande, chave na consecución do maior aumento de público da tríade museística desde o ano 2012. O concelleiro tamén destacou a adaptación aos tempos dos Museos, como a recente creación e posta en marcha, o pasado mes de novembro, da Sala Maker, un espazo que considerou “esencial” no desenvolvemento “dunha cidade de vangarda”. “Os Museos Científicos representan un elemento fundamental na idea da Coruña como unha cidade ilustrada, impregnada de cultura”, explicou o responsable municipal, “e seguiremos investindo tempo e esforzo en traballar pola integración e difusión da cultura científica entre a veciñanza”. 


No balance deste 2015, José Manuel Sande tamén quixo destacar a afluencia do público durante a Semana da Ciencia no mes de novembro, na que 37.964 persoas se achegaron ás instalacións de divulgación científica municipais, o que supuxo un incremento dun 4,2% na afluencia respecto ao ano anterior. O concelleiro atribuíu o “notable éxito de participación” á intervención do cadro de persoal dos museos no desenvolvemento e difusión das xornadas. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE