Neira Vilas pónlle nome ao auditorio do Arquivo de Galicia

|


Hai exactamente 55 anos Xosé Neira Vilas publicaba dende o seu exilio en Buenos Aires a primeira edición de "Memorias dun neno labrego", un fito fundamental na narrativa galega do século XX e posiblemente a obra máis traducida e reeditada da nosa literatura. 


Dende a Consellería de Cultura decidiron aproveitar este aniversario para homenaxear ao recentemente falecido escritor, anunciando que o auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura levará o nome de Neira Vilas


Este nomeamento  fíxose oficial este martes nun acto celebrado no propio Gaiás, aproveitado polo Conselleiro de Cultura Román Rodríguez para poñer en valor un espazo que conxuga "a memoria do galeguismo e da cultura galega" coa "modernidade" arquitectónica do complexo do Gaiás. 


Tamén estivo presente neste acto o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, que prologou varias edicións da célebre biografía infantil de Balbino elaborada por Neira Vilas, referíndose a ela en 1969 como "a resposta lúcida dun asoballado ao asoballamento".


Alonso Montero aproveitou o acto de homenaxe para referirse ao carácter humano de Neira Vilas, que o levaba a escribirse con "todo o mundo". Tamén o definiou como "un escritor de alí, da "matria" de Vila de Cruces e impulsor do primeiro libro en galego para moita xente, o manual co que moitos galegos "aprenderon a ler".


Non é unha idea nova do presidente da RAG. Xa no prólogo á edición de 1981 recordara como o libro foi  unha revelación para miles de lectores, "centos e centos da xente do común descubriron que con dúas realidades descalificadas –a lingua galega e a aldea– podía construírse un relato que xeneraba nos lectores galegos, ademais de emoción, clara conciencia de dignidade".


HOMENAXE


O acto de homenaxe tamén contou coa participación do músico Roi Casal, que interpretou doúas pezas dun proxecto musical no que se atopaba traballando co propio Neira Vilas. Ademais, un alumno do colexio de Boqueixón-Vedra leu os primeiros párrafos de "Memorias dun neno labrego". 


Trátase en todo caso dun acto dunha antesala a un gran acto institucional que prepara a Xunta, que toda a sociedade recoñeza a trascendencia de Neira Vilas no conxunto da Cultura Galega. 



relacionada Galicia di adeus a Xosé Neira Vilas, "traballador da palabra"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress