#Claves de la semana
EN OURENSE

Unha nonaxenaria falece durante un atraco na súa casa en Cartelle, Ourense

Cartel na porta da tenda rexentada por Xose Antonio, fillo da falecidaA localidade ourensá de Outomuro, no Concello de Cartelle, onde residía a muller falecida esta madrugada, acolleu este sábado con "gran consternación" a tráxica morte desta nonaxenaria esta madrugada despois de que cinco encapuchados asaltasen a vivenda onde residían ela e o seu fillo e levasen a elevada suma de 200.000 euros. En declaracións a Galiciapress, a alcadesa de Cartelle, María del Carmen Leyte, relatou que todos os veciños están "consternados" despois de coñecer a triste noticia xa que se trata de unha familia moi conocida po la sua actividad comercial de moitos anos.A muller morreu como consecuencia dunha crise de ansiedade, despois de que cinco atracadores, despois de acceder á vivenda a través da porta do supermercado, situado no mesmo edificio, intimidasen con armas curtas e levasen 200.000 euros.


|

Cartel na porta da tenda rexentada por Xose Antonio, fillo da falecida


A localidade ourensá de Outomuro, no Concello de Cartelle, onde residía a muller falecida esta madrugada, acolleu este sábado con "gran consternación" a tráxica morte desta nonaxenaria esta madrugada despois de que cinco encapuchados asaltasen a vivenda onde residían ela e o seu fillo e levasen a elevada suma de 200.000 euros. 


En declaracións a Galiciapress, a alcadesa de Cartelle, María del Carmen Leyte, relatou que todos os veciños están "consternados" despois de coñecer a triste noticia xa que se trata de unha familia moi conocida po la sua actividad comercial de moitos anos.


A muller morreu como consecuencia dunha crise de ansiedade, despois de que cinco atracadores, despois de acceder á vivenda a través da porta do supermercado, situado no mesmo edificio, intimidasen con armas curtas e levasen 200.000 euros. Parece ser, abundou, que os ladróns ameazáronos de morte, antes de facerse co botín e fuxir do lugar.

O suceso ocorreu esta madrugada sobre as 2.40 horas, cando cinco persoas co rostro cuberto por un pasamontañas accederon ao interior da vivenda e intimidaron á muller C.D.R. e ao seu fillo Xosé Antonio Cacheiro de 59 anos con tres armas curtas para obter o botín. A este respecto, Leyte explicou que os habitantes desta vivenda, situada na parroquia de Outomuro, eran moi coñecidos na localidade.


A muller rexentaba desde hai anos unha tenda, da que agora se encargaba o fillo, debido á avanzada idade da muller. Ademais, el traballaba de carteiro. As cinco persoas, co rostro cuberto por pasamontañas forzaron a porta de entrada do negocio, que daba á vivenda, e intimidaron aos seus moradores, a anciá e o seu fillo, Xosé Antonio. Como consecuencia do mesmo, a muller faleceu no lugar dun infarto tras sufrir unha "crise de ansiedade". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE