#Claves de la semana

Traballadores de Tragsa concéntranse contra os despedimentos

Segundo os números dos traballadores, a cifra de despedimentos alcanza os 76, convertendo a Galicia na "comunidade na que máis" saídas se produxeron. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, respondeu ofrecéndose como mediador ante o Goberno central

 


|

Traballadores da empresa pública Tragsa concentráronse este luns ante o Parlamento galego para protestar contra a materialización de despedimentos na empresa pública, que tildan de "aberración" ao comunicarse durante o Nadal. Segundo os números dos traballadores, a cifra de despedimentos alcanza os 76, convertendo a Galicia na "comunidade na que máis" saídas se produciron. 


Tragsa planificou un axuste que supuña máis dun millar de despidos no conxunto estatal. Nun primeiro momento, a Audiencia Nacional anulou o proceso, pero finalmente o ERE foi autorizado polo Tribunal Supremo. 


Neste escenario, os empregados decidiron volver á rúa en Galicia, entre berros de "Feijóo, escoita, estamos en loita".Piden que os deputados galegos se "identifiquen co seu problema", xa que Tragsa é unha empresa pública. 


Critican contar cun presidente "cun soldo recoñecido de 190.000 euros" e reproban que en paralelo o grupo despedise a traballadores "o 30 de decembro, con todo o mundo de vacacións", cando é unha compañía "que dá beneficios".



Antes da mobilización, os traballadores celebraron unha asamblea xeral para evaluar a situación laboral na que se atopa. Ademais, Tragsatec, filial de I+D+i do grupo anunciou que irá este martes á folga.


O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA OFRÉCESE COMO MEDIADOR


O conselleiro de Economía, Francisco Conde, respondeu este mesmo luns poñéndose "a disposición" dos traballadores de Tragsa para mediar ante esta empresa pública estatal e o Goberno para "que se poida atopar unha solución". 


Conde afirma que dende a Xunta están "a disposición do comité de empresa e dos traballadores aquí en Galicia e, na medida do posible, establecer esa mediación para trasladar a Tragsa a situación que teñen os traballadores e poder obter os mellores resultados neste proceso, sempre difícil cando se decide abordar un ERE". 


APOIO DO PSdeG


Na protesta deste luns, os socialistas Abel Losada e Carmen Gallego trasladaron o seu apoio aos traballadores, ao tempo que reproban a actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que consideran "cómplice" do expediente de regulación de emprego. 


Este expediente responde, a xuízo do PSdeG, a "unha medida ideolóxico, porque non hai motivos económicos ou unha baixada da carga de traballo". 


relacionada La Administración Pública se queda fuera de la creación de empleo
relacionada Sindicatos se concentran frente al Parlamento gallego contra el ERE en Tragsa y para exigir "una negociación seria"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE