Salvemos Cabana segue reclamando un cambio na xestión do Dolmen de Dombate

Insiste en que non se renove o convenio da Deputación de A Coruña co Concello de Cabana de Bergantiños, e que pola contra se estableza un equipo profesional que se encargue de xestionar de forma adecuada o monumento, primando a súa conservación por enriba da súa explotación turística.

 

|


A plataforma cidadá Salvemos Cabana insiste en que non se renove o convenio da Deputación de A Coruña co Concello de Cabana de Bergantiños, e que pola contra se estableza un equipo profesional que se encargue de xestionar de forma adecuada o monumento, primando a súa conservación por enriba da súa explotación turística.


Recordan que a nivel mundial a conservación da arte prehistórica en condicións óptimas supón unha prioridade absoluta, asegurando que a utilización do enclave "como mero salón de actos para a realización incontrolada de todo tipo de actividades" pode rematar afectando negativamente ao xacemento.


Como proba do perigo existente, aluden a unha entrevista do responsable de Patrimonio da Deputación coruñesa, Xesús Soto, para o diario quepasanacosta.gal, na que recoñece a existencia dunha "serie de informes internos de Patrimonio e Arquitectura que non aconsellaban a renovación do convenio tal e como se estaban realizando as actividades".


Ante estas declaracións Salvemos Cabana critica duramente a postura que segundo eles mantén o PP de Cabana, vendendo a afluencia masiva de visitantes ao Dolmen de Dombate como un éxito de xestión cultural. Aseguran que neste momento a única opción xusta sería non renovar o convenio.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE