#Claves de la semana

Unión Fenosa Distribución investiu preto de 390.000 euros na mellora da subministración eléctrica en Carballeda de Avia e A Rúa

Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investiu preto de 390.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en Media Tensión parroquias dos municipios de Carballeda de Avia e A Rúa.


|


Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de Gas Natural Fenosa, investiu preto de 390.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en Media Tensión parroquias dos municipios de Carballeda de Avia e A Rúa. En concreto, a compañía poñerá proximamente en servizo unha liña de Media Tensión de 1,3 quilómetros e un centro de transformación de 250 KVA en San Estevo, en Carballeda de Avia, mellorando a calidade da subministración para preto de 130 clientes os clientes dos lugares de San Estevo, Porto Prado e Franqueirán.


No municipio da Rúa, Unión Fenosa Distribución poñerá en servizo unha liña de Media Tensión e outra de Baixa Tensión, así como un centro de transformación de 160 KVA en Vilela, mellorando a calidade do servizo para 200 clientes desta parroquia.


O obxectivo destas iniciativas é potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais onde é necesario mellorar a calidade do servizo, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios, e a mellora das súas condicións de vida.

relacionada Gas Natural Fenosa obtén o recoñecemento do 'Gold Class' de RobecoSAM
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE