#Claves de la semana

Galicia quere recibir 5 millóns de turistas

Despois dun 2014 no que Galicia alcanzou os 4'6 millóns de visitantes, o obxectivo tan só pode ser ir a máis. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinala o obxectivo de superar os 5 millóns de turistas durante o ano 2016. 


|


A Feira Internacional de Turismo que se está a celebrar en Madrid celebra hoxe o día de Galicia, unha cita aproveitada pola Xunta para establecer os obxectivos turísticos deste novo ano. 


Despois dun 2014 no que Galicia alcanzou os 4'6 millóns de visitantes, o obxectivo tan só pode ser ir a máis. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinala o obxectivo de superar os 5 millóns de turistas durante o ano 2016.


Tamén confía en poder aumentar a porcentaxe de turistas procedentes doutros países. Durante 2015 Galicia recibiu 1,4 millóns de turistas internacionais, unha cifra que supera considerablemente á rexitrada en 2014 e que se intentará que siga aumentando para que os extranxeiros sigan gastando nos nosos balnearios, restaurantes, hoteles...


Neste senso, o Camiño de Santiago segue sendo unha das principais portas de entrada a Galicia, na que máis da metade dos peregrinos proceden de outros países. 


Por iso resulta fundamental para a Xunta que o Camiño chegue en perfecto estado de forma ao vindeiro Xacobeo, que terá lugar en 2021. Para entón, Feijóo asegurou que estaría rematada a reforma integral da Catedral de Santiago e a do Monte do Gozo, o primeiro punto do Camiño dende a que os peregrinos divisan o seu destino. 


Do mesmo xeito, tamén se está analizando "qué temos que facer en cada concello, lugar, aldea, por donde transcorren os camiños para que estean en perfecto estado de revista ata o Xacobeo 2021": 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE