#Claves de la semana

Xulgan ao menor acusado de participar na morte de 'Jimmy'

Durante a xornada deste luns celebrarase en Madrid o xuízo contra o menor acusado de participar na morte do aficionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romeu, Jimmy, para o cal o fiscal pide 11 anos de reclusión.

|

Durante a xornada deste luns celebrarase en Madrid o xuízo contra o menor acusado de participar na morte do aficionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romeu, Jimmy, para o cal o fiscal pide 11 anos de reclusión.


Segundo o Ministerio Fiscal, o menor, A.C.G., é autor dos delitos de rifa tumultuaria e homicidio por golpear a  'Jimmy' cunha defensa extensible na zona abdominal e que  "con ánimo de causarlle a morte, continuou propinándolle golpes axudado por outros maiores de idade".



As conclusións provisionais da Fiscalía establecen do mesmo xeito que o acusado xunto a outros dous menores acudiron o 30 de novembro de 2014 á cita das afeccións do Atlético de Madrid e do Real Club Deportivo da Coruña "co único fin de agredirse mutuamente".



Con esta petición de condena para o menor por parte da Fiscalía outórgase por parte da mesma veracidade á versión da testemuña protexida do caso, a pesar de que o titular do Xulgado número 20 de Madrid, o xuíz Juan Antonio Sáenz, anunciou que non practicaría máis dilixencias.



Foi o pasado xullo cando esta testemuña protexida menor de idade identificou a catro persoas como os autores da morte do ultra galego. No seu testemuño, corroboraba en gran parte a tese policial dos feitos. Segundo fontes da investigación, entre os sinalados por este menor, estaban dous dos catro que foron detidos no seu día polo presunto asasinato e que o pasado maio foron postos en liberdade por falta de probas.


Por outra banda, o pasado luns 26 de novembro, a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Madrid ratificou a decisión do maxistrado que instrúe a 'Operación Neptuno' de poñer en liberdade aos catro detidos que ingresaron en prisión tras a liorta que custou a vida nas inmediacións do estadio Vicente Calderón a 'Jimmy'.



A Sala, tras desestimar o recurso interposto tanto pola liga Nacional de Fútbol Profesional como pola Fiscalía, estimou que a resolución adoptada polo maxistrado do Xulgado de Instrución nº 20 de Madrid xustifícase no feito da declaración prestada o pasado 21 de maio por dous axentes de mobilidade e unha testemuña presencial, que ratificaron que había un erro na identificación inicial da persoa que foi arroxada ao río en primeiro lugar, que non foi a vítima mortal, senón outra, que sobreviviu aos feitos.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE