Santalices: "Quizá non haxa nadie que queira tanto ao Parlamento coma eu"

|


Miguel Santalices convertiuse esta mañá no sexto presidente do Parlamento de Galicia, sustituindo a Pilar Rojo trala súa marcha a Madrid. 


A elección do novo presidente da Cámara galega foi o primeiro punto da orde do día do pleno parlamentario que comezou este martes, despois de que as novas diputadas xurasen o seu cargo. 


Os deputados depositaron nunha urna os seus votos segredos, resultando Miguel Santalices o claro gañador gracias ao apoio do partido popular. Santalices conseguiu un total de 41 votos, os mesmos que deputados ten o partido popular na Cámara galega. 


Na súa primeira intervención como presidente da Cámara, Miguel Santalices recoñeceu que era un día "de moita satisfacción e moito orgullo". Recordou a súa dilatada experiencia parlamentaria, asegurando que "quizá non haxa nadie que queira tanto ao Parlamento coma eu, porque aquí estou pasando media vida"


Despois de ensalzar a labor da súa predecesora, presente no pleno, o novo presidente da Cámara dirixiuse aos deputados. Recordoulles que "eu pasei por ahí, vostedes xa me coñecen". E aínda que asegurou que lle gustaba o debate e a competitividade política, tamén avisou de que intentaría mantela "nos marxes que temos que tela". 


RÓMPESE A CADEA DE MULLERES


O nomeamento de Miguel Santalices rompe a racha de mulleres que viñan ocupando a presidencia do Parlamento dende 1995, primeiro con Dolores Vilariño e despois con Pilar Rojo.


A deputada do PSdG, Carmen Gallego, asegurou que o presidente Feijóo perdera "unha oportunidade" para otorgarlle relevancia á muller na política, rompendo "a tradición" de que unha muller fose a presidenta do Parlamento.


Pero para o voceiro dos populares, Pedro Puy "reducir algúns postos" á condición de que sexa unha muller non lle fai ningún favor á igualdade, recordando que no parlamento galego hai unha gran representación femenina.


BNG E AGE FALAN DE CONTINUISMO


O vicevoceiro de AGE, Antón Sánchez, falou de "continuismo" na decisión dos populares, non cre que vaia a significar "un cambio na forma de dirixir o Parlamento e que haxa maior democracia".


Pola súa banda, a deputada do BNG Ana Pontón tamén fala de continuismo e aproveita para reclamar que se levante o veto para que os cidadáns asistan aos plenos cando se traten temas que lles afecten, asegurando "que un parlamento pechado ao pobo perde o seu sentido". 

relacionada Miguel Santalices presidirá o Parlamento galego

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE