#Claves de la semana

Piden 21 anos para a muller acusada de matar a unha anciá en Carballo

A Audiencia Provincial da Coruña celebra dende este marte o xuízo contra unha muller acusada de matar a unha anciá no seu domicilio en Carballo, substraéndolle as súas xoias. 


|


Carballoxulgado


A Audiencia Provincial da Coruña celebra dende este marte o xuízo contra unha muller acusada de matar a unha anciá no seu domicilio en Carballo, substraéndolle as súas xoias. 


O Ministerio Público sostén que en días anteriores ao 8 de novembro de 2014, a muller coñeceu á anciá de 87 anos nun centro de saúde, establecéndose "certa confianza" entre ambas. 


Tamén indica que entre as nove e as doce da noite do 9 de novembro se tería desprazado ata o domicilio da vítima, asfixiándoa "sen posibilidade de defensa". 


A continuación, sospeita que lle roubou as xoias que levaba postas, entre elas unha alianza, tres medallas e dúas cadeas. Tamén subtraeu outras xoias que había na vivenda. O cadáver foi descuberto ao día seguinte polo fillo da anciá.



A acusada, atopada en posesión das xoias roubadas, presenta un trastorno de personalidade, do que estaba a tratamento desde 2009. Con todo, a Fiscalía asegura que "non limitaba as súas capacidades intelectivas nin volitivas" en relación aos feitos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE