A Xunta paralizará a Lei de Acuicultura para dialogar co sector

|


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo recoñece ser consciente de que o sector "está preocupado" coa nova Lei de Acuicultura. Pero asegura que o último obxectivo desta lei é dotar de seguridade xurídico ao sector e que non se aprobará sen contar co seu apoio.


Por iso anunciou no Parlamento a súa intención de paralizar a tramitación da lei para "abrir mesas de diálogo cos bateeiros, coa xente do marisqueo es coas confrarías".


Feijóo considera que o evidente malestar do sector responde ás "dificultades de explicar o que se quere facer". Recorda a folga xeral convocada en Cangas en 1984 "porque se querían facer bateas" como exemplo de actuacións controvertidas que poden rematar sendo aceptadas.


Pero estas explicacións non convenceron ao voceiro do Bloque nacionalista galego, Francisco Jorquera, encargado de levar o tema ao Parlamento de Galicia.


Para Jorquera a Lei de Acuicultura é irreformable, só cabe retirala porque "todo o seu articulado está encamiñado a implantar un modelo que non é o que Galicia necesita". Asegura que Feijóo "aposta por privatizar o mar", cun modelo que destruirá máis postos de traballo dos que creará. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress