#Claves de la semana

O Parlamento reclama ao Sergas que trate aos presos con hepatite C

Os cinco grupos da cámara galega uníronse para reclamarlle ao Sergas, a instancias do BNG, que dispense "sen máis dilación" o tratamento de hepatite C aos presos galegos


|


Os cinco grupos con representación no arco parlamentario galego uníron este mércores os seus votos para pedir ao Sergas, a instancias do BNG, que dispense "sen máis dilación" o tratamento de hepatite C aos internos nos cárceres galegos que o necesiten, así como que estableza "un sistema coordinado" coa Secretaría Xeral de Institucións Penais para a aplicación efectiva destes fármacos.


Esta proposición non de lei foi debatida o martes ante o pleno da Cámara, con base nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do pasado mes de maio que lembraba que o dereito á saúde e á vida debe prevalecer e, así, esixía que os enfermos fosen tratados e que, con posterioridade, dirimiríase sobre a que administración correspondía o custo dos tratamentos.


Fronte a esta argumentación blandida pola deputada do BNG Montse Prado, o representante do PP no debate, Aurelio Núñez Feijóo, esgrimiu un fallo posterior do alto tribunal galego que, con data do 20 de xaneiro, daba a razón á Xunta na súa disputa co Goberno central polo pago destes medicamentos e atribuía o seu custo ao Ministerio de Interior.


A pesar diso, este mércores decidiu apoiar a iniciativa para evidenciar "o compromiso do PP coa sanidade pública e cos enfermos de hepatites C". Ademais, indicou que a Consellería de Sanidade xa se puxo en contacto con Institucións Penais para comunicarlle a citada sentenza e pedirlle información dos pacientes que requiren tratamento.



"SATISFACCIÓN DOS AFECTADOS"



Ao termo da votación, o portavoz da plataforma galega de afectados pola hepatite C, Quique Costas, expresou a súa "satisfacción" polo apoio do PP a unha iniciativa que rexeitara dúas veces no pasado.


"Queremos supoñer que significa o principio dunha rectificación de políticas e actitudes no tema da hepatite C. Nesa medida, ábresenos unha porta de esperanza", declarou Costas aos xornalistas. Con todo, lamentou o ton da resposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre este asunto na sesión de control.


"Tenta instalar na rifa política un tema que realmente non é unha cuestión partidaria, senón dos dereitos das persoas e da súa capacidade de curarse", recalcou, para considerar "pouco alentador" que o mandatario non recoñeza "os erros" cometidos na xestión "ineficiente e insensible" dos novos fármacos.

relacionada Batas Blancas relaciona a "austeridade" de Feijóo coa morte de tres enfermos con hepatite C
relacionada Afectados por Hepatitis C apoyarán la denuncia de la fiscalía con testimonios y documentación
relacionada A Fiscalía denuncia á Xunta por retrasos nos tratamentos de Hepatite C
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE