#Claves de la semana

As descargas do porto da Coruña acadan o seu mellor nivel dende 2007

O Porto da Coruña pechou 2015 cun movemento de 14,1 millóns de toneladas, nada menos que un 18,35% máis que en 2014, acadando o seu mellor dato de descargas dende o ano 2007.


|


O Porto da Coruña pechou 2015 cun movemento de 14,1 millóns de toneladas, nada menos que un 18,35% máis que en 2014, acadando o seu mellor dato de descargas dende o ano 2007. 


Segundo informou a Autoridade Portuaria da Coruña, estes datos permítenlle situarse "como o segundo ente da rede estatal en crecemento de tráficos e o primeiro de Galicia tanto en ritmo de incremento como en volume absoluto de mercadorías".



No balance de tráficos destacan os crecementos en graneis líquidos e graneis sólidos. Ademais, sostén que "se vai corrixindo o retroceso de exercicios anteriores en mercadoría xeral, impulsado sobre todo polos datos do mes de decembro".



Tamén aumenta o tráfico de cruceiros. Pola contra, precisa que en pesca fresca "non se alcanza o resultado de 2014, que marcou un fito co mellor rexistro dos últimos 20 anos, aínda que as cifras si foron superiores ás dos exercicios comprendidos entre 2010 e 2013".



PORTO EXTERIOR


Ademais, explica que "outro factor destacado é a influencia nestes resultados da consolidación tráficos en Punta Langosteira, que, excluíndo os pantaláns petroleiros, xa é o segundo peirao en volume de mercadorías só superado polo Centenario Norte".



Por outra banda, indica que os graneis líquidos son "os que dominan tanto os crecementos como o volume total de mercadorías". Con 7,9 millóns de toneladas movidas en 2015, increméntanse nun 26,5%, impulsados, fundamentalmente, polo petróleo cru.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE