#Claves de la semana

O Concello de Pontevedra colga a pancarta de Ence Fóra

O alcalde da cidade do Lérez chamou á cidadanía a participar na manifestación deste venres, asegurando que a prórroga de 60 anos "non é definitiva"


|


O balcón do Concello de Pontevedra luce dende este xoves unha pancarta co lema 'Ence fóra dá ría para sempre'. Trátase dun xesto que segundo o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) demostra que as forzas políticas representadas na corporación teñen "maioritariamente" unha posición "moi clara" a favor de recuperar a ría para os pontevedreses. 


Trala colocación da pancarta, o rexedor fixo un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada este venres para expresar de maneira "contundente" o rexeitamento á decisión do Goberno de prorrogar 60 anos a concesión da fábrica de Ence en Lourizán.


Fernández Lores insistiu en que esta decisión "non é definitiva" e, neste sentido, considerou que a mobilización social "debe facer reflexionar" a quen avala a continuidade da pasteira en Lourizán, para evitar repetir un "erro" que se cometeu hai máis de 50 anos "a punta de bayoneta", ao autorizarse a instalación da fábrica na ría durante o franquismo.


CRÍTICAS DO PP E CIDADÁNS


A colocación desta pancarta no balcón da Casa Consistorial desatou as críticas entre os grupos políticos municipais do Partido Popular e de Cidadáns. Desde as filas populares, César Abal lamentou que o BNG empregue "o balcón de todos os pontevedreses coma se fose o seu valo publicitario", convertendo ao edificio institucional "na casa de 'tócame Roque'", porque entende que nesa pancarta "non están representados" todos os pontevedreses.


Pola súa banda, a portavoz de Cidadáns, María Rey, coincidiu en que o grupo de goberno "non pode utilizar as instalacións municipais no seu beneficio", ao entender que son propiedade de todos os pontevedreses. Asegura que o balcón do Concello utilizouse de novo para "réditos políticos propios" e acusou a BNG e PSOE, "que cando estiveron na Xunta non quitaron Ence", de utilizar este asunto "para tapar as deficiencias que ten esta cidade".


PSOE E MAREA


O portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, tras participar no acto de colocación da pancarta, cualificou a prórroga de Ence como un "ataque inadmisible" fronte ao que, dixo, "hai que defenderse e pasar ao contraataque". O responsable socialista entende que con esta pancarta está a "facerse o que demandan os veciños", reflectindo o "sentir maioritario" e augurou que, coa súa postura, o Partido Popular converterase nunha forza política "residual" en Pontevedra.


Finalmente, Marea Pontevedra sumouse a este acto ao entender que a decisión de prorrogar a permanencia de Ence "vai prexudicar a moitas xeracións de pontevedreses", segundo o seu portavoz, Luís Rei, que pediu participación cidadá na protesta deste venres.

relacionada Feijóo xustifica a prórroga de ENCE
relacionada Os colectivos contrarios a ENCE comezan a moverse
relacionada A Xunta defende a prórroga de 60 anos para Ence
relacionada O Goberno en funcións prorroga 60 anos a concesión de Ence en Pontevedra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE