"O cuarto poder en rede", unha defensa do xornalismo na era de Internet

A librería Numax acollerá este martes a presentación do libro "O cuarto poder en rede", unha obra coa que o catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política, Víctor Sampedro, pretende reivindicar o xornalismo no novo paradigma mediático.

 

|




A librería Numax acollerá este martes a presentación do libro "O cuarto poder en rede", unha obra coa que o catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política, Víctor Sampedro, pretende reivindicar o xornalismo no novo paradigma mediático.


Sampedro reflexiona acerca da figura do xornalista nunha era dominada pola presenza e o uso de internet. Fala da necesidade do xornalismo, "non o de agora, o que se extingue, senón o futuro, que xa xeramos dende os nosos traballos e organizacións filtrando documentos e datos". 


O autor recolle o caso Wikileaks, que "propuxo usar Internet para denunciar a mentira oficial, colaborando cos medios que a sostiñan e cuestionando o seu modelo de negocio e traballo". Para Sampredo, "non non terroristas, ladróns nin espías, denuncian a ciberguerra que, fundida coa guerra económica, desnuda aos gobernados arroupando aos poderosos". 


O libro, publicado por Abooks e cunha versión en galego RAG e outra en AGAL, xa foi alabado polo periodista e escritor Manuel Rivas, que asegurou que lle "cambiara a vista", algo que considera "o primeiro efecto dun libro perigoso". 


Na presentación deste martes o autor estará acompañado por Manolo Barreiro, presidente de Praza Pública e Uxío Novoneyra, editor de Abooks. 


VÍCTOR SAMPEDRO


Víctor Sampedro (Viveiro, 1966) é catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política. Nas últimas décadas investigou e publicou sobre temas como ao democracia, os movementos sociais e a tecnoloxía dixital. Dirixe o Máster en Comunicación, Cultura e Cidadanía Dixital da Universidade Rey Juan Carlos. Impartido no Medialab Prado, é un posgrao oficial pioneiro, inspirado no código libre.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE