#Claves de la semana

Barreiro non seguirá en Lugo por "coherencia"

Adicaráse de cheo á súa tarefa como portavoz do PP no Senado nun momento no que "se dan unhas circunstancias que esixen dedicación".


|


José Manuel Barreiro non seguirá compaxinando o seu traballo como portavoz do PP no Senado co liderado dos populares de Lugo. Decidiu non optar á reelección como líder provincial por "responsabilidade, lealdade e coherencia", abrindo camiño á renovación.



Un proceso de renovación ao que tamén se sumaron Carlos Negreira e Rafael Louzán, líderes na Coruña e Pontevedra. O único que se aferrou ao seu trono foi o líder dos populares de Ourense, Manuel Baltar, que previsiblemente será reelixido no congreso provincial grazas ao apoio masivo co que conta na súa provincia.



En todo caso, Barreiro considera que pouco se avanzaría "se dicimos que hai que renovar e logo non o facemos". Recorda que leva 14 anos como presidente provincial, polo que evidentemente "non é o mellos exemplo para trasladar esa mensaxe de renovación". 


Afirma que dá este paso atrás porque considera que é algo positivo para o partido e para os lucenses, pero tamén manifestou a súa intención de adicarse de cheo á súa tarefa como portavoz do PP no Senado "nun momento especial na vida política española": Tendo en conta que o PP ten maioría no Senado pero non no Congreso, Barreiro considera que "se dan unhas circunstancias que esixen dedicación".


Na súa despedida, Barreiro non apuntou a ningún nome como posible substitución, aínda que soa con forza para unha posible candidatura o da alcaldesa de Mondoñedo e expresidenta da Deputación, Elena Candia. Tamén se baralla que se configure unha alternativa na que figurarían nomes como o da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.


Este xoves Barreiro garantiu "imparcialidade" na carreira sucesoria, se é que houbese máis dun candidato. "Imparcialidade total e absoluta desde o respecto e o apoio, e desde o recoñecemento a aqueles compañeiros ou compañeiras que estimen oportuno dar ese paso", subliñou, antes de asegurar que, de momento, ninguén lle trasladou as súas intencións de presentarse para presidir o PP de Lugo.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE