#Claves de la semana

Sorprenden 'in fraganti' a dous ladróns de igrexas en Ourense

Tras atopar forzada a Igrexa de Quintela de Leirado, a Garda Civil detivo a dous homes sospeitosos de máis de 26 roubos con forza


|


Durante a madrugada deste xoves, unha patrulla da Garda Civil fixouse en que a entrada da Igrexa de Quintela de Leirado fora forzada. Non tiveron que investigar moito para atopar un vehículo aberto e coas chaves postas no contacto. 


Os axentes iniciaron unha busca polos arredores, encontrando a dous sospeitosos en torno ás catro e media da madrugada, que aseguraron que se atopaban na zona buscando unha fonte. 


Unha vez identificados, a Garda Civil decatouse de que levaban enriba diñeiro e xoias supostamente procedentes da igrexa, así como varias ferramentas utilizadas para forzar a porta da Igrexa. 


Os axentes procederon a deter a estes dous homes, un veciño de Ourense e o outro de orixe rumana. Sospeitan que son os autores dun total de 26 delitos de roubo con forza, 20 en igrexas e outros 6 en vivendas, todos nas provincias de Lugo e Ourense. 


 



relacionada Detienen a un presunto ladrón de iglesias en Ribeira
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE