#Claves de la semana

A flota permanece amarrada ante unha alarma vermella

A maior parte da frota galega permanece amarrada este luns a causa do temporal de nivel laranxa na costa que afecta a Galicia e que desde última hora da tarde se elevará a nivel vermello no litoral da Coruña.


|



A maior parte da frota galega permanece amarrada este luns a causa do temporal de nivel laranxa na costa que afecta a Galicia e que desde última hora da tarde se elevará a nivel vermello no litoral da Coruña, onde se poderían chegar a rexistrar ondas de nove metros. 


Ante esta situación, dende as distintas confrarias confirmaron que as malas condicións do mar ten levado  á maior parte da frota para permanecer amarrada este luns.


En concreto, na provincia da Coruña non saíron a faenar ningún dos barcos das confrarías de Corcubión, Cedeira ou A Coruña e permanecen tamén amarrados a totalidade das embarcacións de Ferrol, Malpica, Camariñas ou Cariño.


Pola contra, no sur, en Fisterra, algúns barcos decidiron ir faenar, mentres que outros permanecen amarrados; e en Ribeira todos os barcos saíron ao mar.


Na provincia de Pontevedra tamén permanecen amarrada a totalidade da frota das confrarías de Baiona, Vigo, Bueu ou Marín, así como parte dos barcos de Cangas.



As condicións do mar son tamén moi problemáticas na Mariña Lucense e mantéñense amarrados todos os barcos de confrarías como Burela, Celeiro ou Ribadeo.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE