A venda de vivendas repunta tras catro anos de descenso

|


Tras catro anos de descensos consecutivos, a compravenda de vivendas volvo a deixar datos positivos. Durante o ano 2015 medrou nun 3,9%, acadando un total de 12.431 operacións. 


Na comunidade galega, como no conxunto do estado, estas operacións víronse incrementadas polo impulso da vivenda usada, que aumentou un 26,8%, chegando ata as 7.186 operacións e representando un 57,8% do total. A vivenda nova, con 5.245 e o 42,2% do total das transaccións, reduciuse un 16,72% en variación anual.


Pese a este aumento, as cifras seguen estando moi lonxe das que había antes do comezo da crise. En 2007 traspasáronse 28.830 vivendas, unha cifra que segue dobrando á de 2015. 



CONXUNTO ESTATAL


No conxunto estatal, a compravenda de vivendas subiu un 11,1% en 2015 con respecto ao ano anterior, ata un total de 354.132 operacións, o seu maior cifra desde o exercicio 2011.


O mercado de segunda man foi o impulsor deste crecemento anual, o segundo que se produce despois de que a compravenda de vivendas subise un 2% en 2014.


No período de crise, os peores anos para as transaccións de vivenda foron 2009 e 2008, nos que estas operacións decreceron un 25,1% e un 28,8%, respectivamente. En 2012 e 2011, aínda se rexistraban descensos de dous díxitos (-11,5% e -18,1%), mentres que en 2013 a caída moderouse ata o 1,9% polo fin dos beneficios fiscais para a adquisición de vivenda.


A compravenda de vivendas pisou o acelerador en 2015 nun contexto de prezos baixos, aínda que os expertos cren que a corrección tocou chan o ano pasado e que irán subindo de forma moderada.


O repunte da compravenda de vivendas en 2015 debeuse ao crecemento experimentado nas operacións sobre pisos de segunda man, que se dispararon un 37,2%, ata 276.300 transaccións, a súa cifra máis elevada desde 2007. Pola contra, as operacións sobre vivendas novas retrocederon un 33,7% o ano pasado, ata sumar 77.865, o seu volume máis baixo da serie.


O 89,8% das vivendas transmitidas por compravenda durante o ano pasado foron vivendas libres e o 10,2%, protexidas. En total, a compravenda de vivendas libres subiu un 11,1% en 2015, en tanto que as operacións sobre vivendas protexidas repuntaron un 10,8%, ata 36.077 transaccións, tras varios anos de descensos.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress