#Claves de la semana

Fenosa xa instalou preto de 820.000 contadores intelixentes en Galicia

Gas Natural Fenosa asegura que xa cubriu o 56,8% do seu parque de equipos domésticos, superando o 50% en todas as comunidades autónomas nas que ten presenza.


|


Gas Natural Fenosa leva instalados 818.389 contadores intelixentes en 282 municipios de Galicia a través da súa filial Unión Fenosa Distribución. No conxunto do estado o número de contadores instalados xa supera os dous millóns. 


Gas Natural Fenosa asegura que xa cubriu o 56,8% do seu parque de equipos domésticos, superando o 50% en todas as comunidades autónomas nas que ten presenza. 


Con estes equipos de xestión, Unión Fenosa recolle diariamente máis de 300 millóns de rexistros de medida horaria dos seus consumidores de electricidade.


A substitución dos contadores continuará ata 2018, cando segundo a regulación todos os equipos domésticos deberán ser intelixentes. 



UNHA APP PARA CONSULTAR O CONSUMO.



Unión Fenosa Distribución lanzou unha app gratuíta, chamada O meu Consumo, que permite que os usuarios domésticos da súa rede consulten os datos do seu consumo eléctrico horario desde calquera dispositivo móbil. 


Esta ferramenta, dispoñible para Android, iOS e Windows, permite aos fogares, de forma sinxela, comprobar como utilizan a súa enerxía.



Tras un proceso de rexistro no sistema, o usuario ten acceso a unha gráfica e completa información sobre o seu comportamento enerxético no intervalo de tempo que seleccione. Ademais, cada día, o usuario ten á súa disposición a curva de carga horaria da xornada anterior.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE