#Claves de la semana

Os prezos comezan o ano baixando

O Índice de Prezos de consumo baixou nun 2,2% en Galicia durante este mes de Xaneiro, acumulando unha baixada interanual de medio punto e superando a media de descenso estatal

 

|


O Índice de Prezos de consumo baixou nun 2,2% en Galicia durante este mes de Xaneiro, acumulando unha baixada interanual de medio punto. segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).


Con esta cifra, o IPC acumula na comunidade galega 15 meses en negativo, desde outubro e setembro de 2014, meses, ambos, nos que se mantivo sen variación en taxa interanual. Previamente tamén baixara en agosto e xullo dese ano e non é ata xuño cando se atopa unha taxa anual en positivo do IPC galego (do 0,3%).


Por grupos de bens, a vivenda e o lecer e a cultura foron os que experimentaron maiores caídas respecto dos últimos 12 meses, con caídas do 7,4% e do 1,2%, respectivamente.


A variación mensual de Xaneiro viu marcada pola polas rebaixas, os prezos de vestido e calzado afundíronse un 16,1%, e diminuíron un 4,3% os da vivenda.


O descenso de prezos galego supera o da media estatal, que rexistrou unha baixada do 1,9% en Xaneiro e do 0,3% con respecto ao pasado ano, debido en gran medida ao abaratamento da electricidade. Deste xeito, o IPC interanual entra de novo en negativo despois de pechar o ano 2015 no 0,0%.


Desde xaneiro de 2015, cando o IPC se situou no -1,3%, a súa taxa máis baixa desde xullo de 2009, os prezos experimentaron unicamente taxas positivas nos meses de xuño e xullo de 2015 (en ambos os casos do 0,1%) e decembro do mesmo ano (0,0%).


Estatística atribuíu o descenso interanual do IPC do pasado mes de xaneiro ao comportamento da vivenda, que reduciu a súa taxa case catro puntos respecto de decembro, ata o -6%, debido á diminución dos prezos da electricidade fronte ao repunte que rexistraron en xaneiro de 2015.


En contraste con este descenso, o grupo de transporte elevou a súa taxa interanual case un punto, ata o -1,9%, despois de que os prezos dos carburantes baixasen menos do que o fixeron un ano antes.


Tamén incrementaron a súa taxa interanual os grupos de alimentos e de hoteis, con aumentos de tres e catro décimas, ata taxas do 2,1% e do 1,3%, respectivamente. A subida dos prezos do peixe fresco e das tarifas hostaleiras foron os responsables deste repunte.


En termos mensuais, o IPC descendeu un 1,9% en xaneiro respecto ao mes anterior, o seu maior descenso en calquera mes desde o inicio da serie en 1961. O INE atribúe esta evolución, principalmente, ao descenso nun 15,3% dos prezos do vestido e o calzado polas rebaixas de inverno.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE