#Claves de la semana

Tosar únese á filharmonía nunha homenaxe a Shakespeare

O actor galego Luís Tosar unirase á Real Filharmonía de Galicia este xoves na homenaxe que esta lle dedica ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare cando se cumpren 400 anos da súa morte.

 

|



O actor galego Luís Tosar unirase á Real Filharmonía de Galicia este xoves na homenaxe que esta lle dedica ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare cando se cumpren 400 anos da súa morte. Será o xoves, 18 de febrero, no compostelán Auditorio de Galicia, ás 21:00


Tosar actuará como narrador nunha interpretación do 'Hamlet' de Dimitri Shostakóvich.  Baixo a batuta do director titular e artístico da Filharmonía, Paul Daniel, a orquestra compostelá tocará esta obra que se compuxo para a versión rusa da película, que se fixo en 1964. 


Hamlet é a peza máis longa de Shakespeare e unha das traxedias máis relevantes da literatura inglesa. O compositor ruso tratou de traspasar á música o sentido do relato shakesperiano, cunha partitura que pon de manifesto os conflictos internos dos personaxes. O amor do fillo polo seu pai, o imprevisible carácter do protagonista... Todo está presente nesta versión musical do clásico inglés, con intensas melodías que non deixan lugar a dúbida sobre o carácter da historia.



A maiores, no concerto desta semana, a Real Filharmonía de Galicia tocará a Sinfonía para cordas número 10 de Mendelssohn e o Concerto para piano número 3 de Prokofiev, que interpretará o pianista estadounidense Nicholas Angelich.





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE