#Claves de la semana

R sube os prezos a cambio de máis internet

Esta subida prodúcese poucos meses despois de que Euskatel se fixese co control da compañía galega


|



A compañía R acaba de anunciar unha subida nas súas tarifas de móbil de entre 1 e 2 euros, efectiva a partir do mes de marzo. A cambio, ofrecerán máis megas de Internet nas súas tarifas. 


Esta subida prodúcese poucos meses despois de que Euskatel se fixese co control da compañía galega, pero segundo indican dende R esta circunstancia non ten que ver coa subida de prezos. Aseguran que a subida se trata dunha resposta a unha demanda dos usuarios, que reclamaban mellores conexións de datos. 


En concreto, os usuarios que tiveran contratada a tarifa Plana 12 pasarán a pagar un euro máis, pasando de 1 a 1.5GB o seu límite de conexión a internet. 


No caso das tarifas Plana 20 e Plana 30, o prezo sube 2 euros, pero os usuarios que as teñan contratadas verán duplicado o seu plan de datos, de 1.5 a 3GB e de 3 a 6GB respectivamente. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE