#Claves de la semana

A avoa de Ourense deixa atrás a Billy Wilder

Josefa Álvarez cumpre 110 anos nun estado de forma envidiable, cunha festa na que se arrincou coa Rianxeira.


|


Josefa Álvarez, "a avoa de Ourense" naceu no mesmo ano que Billy Wilder, John Huston Shostakóvich ou a Piquer, pero leva vivido bastante máis que todas estas celebridades. Acaba de cumprir 110 anos nun envidiable estado de forma, cun festexo cheo das cousas que máis lle gustan: pasteis e música galega. De feito, a muller máis lonxeva de Ourense sosprendeu aos numerosos asistentes á celebración arrincándose a cantar a Rianxeira. 


A festa tivo lugar na residencia A nosa Señora do Mundil de Cartelle (Ourense). A directora deste centro, Vicenta Freire, destaca a alegría que achega á residencia e "o exemplo que dá a todos coa súa enerxía e fortaleza a pesar dos seus 110 anos". E é que resalta que Josefa chega a esta idade nun "envexable estado de saúde".


"Non toma ningún medicamento. No último ano non tivo gripe, nin estivo encamada ningún día", apunta a directora, que insiste en que "fai unha vida normal, igual que o resto dos internos".


Os únicos achaques que sinalan desde o centro son que "este ano perdeu algo de oído e de vista", o que supón que "agora se relaciona un pouco menos cos outros internos" e que teña que recibir axuda á hora de comer. Iso si, salvo se son lambetadas ou pasteis "que os come soa sen problema, porque é moi golosa", di Freire.


Tamén lle gusta moito cantar e arríncase á mínima ocasión, como este martes durante a actuación dunha pandeireteira. "Antes cantaba soa, agora hai que cantarlle ao oído e xa se anima", indican desde o centro. As súas favoritas son as cancións tradicionais e que "coñece moitas que xa ninguén máis canta".


Josefa naceu en 1906 en Ramirás e pasou case toda a súa vida na localidade de San Tomé. Alí traballou "ao xornal" dos veciños, realizando labores agrícolas ou lavando a roupa doutras familias do pobo.


O SEGREDO DUNHA LONGA VIDA


Non casou nunca, e este é un dos motivos que saca con humor cando se lle pide que explique como chegou aos 110 anos, pero tamén adoita sinalar que lle axudou "comer patacas e chourizos cando se podía", así como ter unha "vida saudable" ao aire libre.


Con todo, tamén hai unha cuestión xenética, segundo subliña o seu sobriño, José Álvarez, que lembraba como a súa tía coidara do seu pai ata que este falecera aos 98 anos.


"Sempre foi moi boa", confirmou o sobriño que viviu con Josefa cando era un neno. Despois, emigrou a Frankfurt e tentou que a súa tía fóra a vivir con el e axudarlle a coidar á súa filla en Alemaña ou vivir con el en Vigo despois de retornar, pero ela "nunca quixo saír do pobo".


Aos seus 80 anos, José é un dos poucos familiares que quedan e acoden a visitala regularmente, xunto con outra sobriña neta que hoxe non puido acudir á festa organizada con motivo dos aniversarios.


José emociónase ao lembrar á súa tía "sempre comendo de pé", cando lle preparaba ovos fritos sen patacas, ou os esforzos que tivo que facer para poder pagarse "a agraria", a pensión que agora cobra.


Na celebración estivo presente a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, que regalou á homenaxeada un diploma que a acredita como a persoa de máis idade no municipio e o presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela, que resaltou que se trata da usuaria máis lonxeva dos 70 centros que a entidade ten por toda Galicia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE