#Claves de la semana

Louzán escolle non declarar na Operación Patos

Prefire esperar a que a xuíza resolva un recurso de nulidade para as escoitas que o vinculan coa trama.


|



O expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acolleuse esta mañá ao seu dereito a non declarar ante a xuíza da Operación Patos. Non estivo máis de 10 minutos nos xulgados, saíndo "tranquilo" e asegurando que non tiña "nada que ocultar". 


Louzán comparecía como investigado por presuntas irregularidades en contratos de obras, ademais de pola suposta recepción de regalos por parte da empresa Eiriña, entre os que destacaría un reloxo cun valor duns 2.500 euros. Pero o expresidente sempre negou estes regalos, de feito asegura que el foi o primeiro sorprendido. 


Pese a súa tranquilidade de conciencia, Louzán preferiu non declarar, optando por agardar a que a xuíza resolva a petición de nulidade das escoitas telefónicas que o vinculan coa trama. 


Esta petición de nulidade foi formulada por outros 13 investigados na Operación Patos, entre os que se atopa o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Sinalan que non existe documentación escrita que avale as escoitas no móbil do empresario Enrique Alonso Pais. 


Pero o fiscal xa emitiu un primeiro informe rexeitando a nulidade, e asegurando que a autorización sí figura no expediente electrónico do caso. 


RESPONSABILIDADE DOS TÉCNICOS


En todo caso, Louzán manifestou a súa inocencia e, igual que os outros cargos públicos investigados, descargou a responsabilidade da tramitación das obras investigadas nos técnicos. "Hai un extraordinario equipo de funcionarios que son os que tramitan, eu era unha persoa máis desa administración, e na documentación todo obra, creo, correctamente", apuntou. 


Rafael Louzán afirmou, así mesmo, que non adoptou ningunha decisión para beneficiar á construtora Eiriña, e lembrou que non estaba presente na mesa de contratación da Deputación. "Hai uns técnicos moi competentes que toman as decisións, é indubidable que ningunha das miñas decisións puideron beneficiar a esa nin a outra empresa", proclamou.



Por outra banda, tamén precisou que non recibiu agasallos de Eiriña e insistiu en que é "indubidable" que non tomou ningunha decisión para beneficiar a esta ou outras empresas. Así mesmo, insistiu en que está "moi tranquilo" e rexeitou que esta investigación poida ser un "lunar" na súa traxectoria política porque deu "a cara".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE