#Claves de la semana

Os gandeiros galegos, pendentes de Bruselas

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reclamará en Europa que se regulen os mercados lácteos co fin de evitar as vendas por debaixo do umbral de custo.


|


Os gandeiros galegos terán que estar moi pendentes de Bruselas esta semana.  A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, está dende hoxe na capital belga, co obxectivo de reclamar que se regulen os mercados lácteos para evitar as vendas por debaixo do umbral de custo e que non se prexudique aos gandeiros galegos.


Este mesmo luns reunirase co director encargado de desenvolvemento rural da Comisión Europea, Mihail Dumitru, para o martes ten fixada unha cita co director de mercados, Joost Korte.


A conselleira trasladaralle a ambos mandatarios a necesidade de incrementar a vixilancia nos mercados lácteos co obxectivo de que se cumpra a lei e se poña coto a prácticas anticompetitivas con vendas por baixo de custos de produción.



Así mesmo, esta visita de Ángeles Vázquez a Bruxelas busca dotar de maior peso a Galicia nas decisións da Unión Europea relativas ás políticas do sector lácteo.



A este respecto, lembra que Galicia é a novena rexión que máis leite produce de toda a Unión Europea, polo que "ten moito que dicir" neste campo. Ademais, defende que a problemática do sector debe tratarse como unha cuestión de Estado, nun contexto no que os produtores galegos seguen sendo os que menos cobran polo seu leite en España.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE