NA SALA DE EXPOSICIÓNS DE VERIN (OURENSE) ATA O 29 DE FEBREIRO

Os alumnos do CEIP María Inmaculada de Verín visitan a exposición “As Cores de Jazz”


|

Hoxe luns, 45 alumnos de 5º de primaria do CEIP María Inmaculada, acompañados por dous docentes, visitaron a exposición “As Cores de Jazz”, de Iria Branco e Xosé Rivada, situada na Sala de Exposicións de Verín.


Durante a visita, os/as menores, ademais de contemplar as obras, tiveron a oportunidade de expoñer as súas dúbidas e preguntas a Xosé Rivada. A maiores, a oficina de Turismo, entregoulle a cada neno/a unha bolsa con información turística de Verín e a axenda cultural da Eurocidade Chaves-Verín.


Procedente da Galicia Atlántica, As cores do Jazz “conxela” a través dos cadros de Iria Blanco Barca e esculturas de Xosé Rivada a improvisación característica do espírito jazzístico.


Esta mostra, de carácter itinerante, estará exposta na Sala de Exposicións de Verín do 15 de xaneiro ata o 29 de febrero, despois presentarse tamén en Chaves, O Porto e Lisboa.  


A pintora viguesa, Iria Blanco, e o escultopintor afincado en Verín, Xosé Rivada, son artistas nos que a exploración é unha constante. Por iso, a súa arte resoa no dito do popular compositor norteamericano George Gershwin: “A vida é como o jazz, é mellor cando improvisas”. 


Froito dese sentimento, desde o ano 2007, Iria Blanco crea cadros nos que a atmosfera dos espazos jazzísticos se plasma a través dunha estética figurativa e dunha paleta na que predominan as gamas de grises. A contemplación case hipnótica das vivencias musicais inspiradas nesas músicas, chégalle ao observador a través de obras nas que apenas os ollos se teñen que mover para seguir o discurso pictórico, mentres noutros Blanco Barca crea unha ilusión tridimensional para a que se precisa do movemento corporal do espectador da obra. Tamén requiren do movemento do público as esculturas de Xosé Rivada, inspiradas no instrumental jazzístico. Dese modo, o espectador da exposición participa dunha peculiar jazz-session, na que o fan figurarse que está sentado e que por veces ten que facer un xiro de pescozo de 360º ou mesmo acercarse ao escenario para ver con detemento as características dos instrumentos empregados.


6868165

5LorraineGloverwifeofDonaldByrd19602


Guitarra (Escultura de Xosé Rivada) y Lorraine Glover (pintura de Iria Blanco)


IRIA BLANCO

Iria Blanco Barca participa en exposicións individuais e colectivas desde o ano 2003. Algunhas das súas obras sobre a música foron seleccionadas para a mostra Vigo Ten Swing (Unha aproximación á historia do Jazz) da Casa das Artes de Vigo Entre outras mostras destacables, participou na Colectiva-25 aniversario Meixoeiro, que acolleu a fundación (García Barbón,Vigo).


XOSÉ RIVADA

Xosé Rivada ten unha longa traxectoria artística na que destacan mostras individuais na Casa de Galicia (Madrid) ou no Museo Municipal de Ourense, esculturas públicas en espazos urbanos de cidades galegas e portuguesas; e obras súas están en propiedade de coleccionistas de arte, museos e espazos públicos de exhibición artística.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE