A Ría de Pontevedra pide a cabeza de Quintana

|


Para varios representantes do sector pesqueiro, marisqueiro e ambiental da Ría de Pontevedra a retirada da lei de Acuicultura segue sen ser suficiente. Piden a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana e do seu director xeral, Juan Maneiro, polo papel de ambos na tramitación do proxecto e pola "mala xestión" durante os últimos anos. 


Concretamente, piden a cabeza da Quintana traballadores do sector do mexillón de Poio e Bueu, dirixentes das confrarías de Raxó e San Telmo e responsables da Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, que se rueniron co presidente da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa. 


"Esta señora conseguiu unir a todos os sectores do mar de Galicia, que desde o 2002 co Prestige non estabamos xuntos", afirmou Jesús Castiñeira sobre Rosa Quintana. "É un pouco triste que nos teñamos que xuntar en datas sinaladas e por acontecementos negativos", engadiu este bateeiro, "pero polo menos temos vida e estamos unidos para defender o noso mar".


O presidente da APDR considera a retirada do anteproxecto da lei de Acuicultura como "unha vitoria da mobilización social e a unificación de todos os sectores das rías de Galicia". Aínda así, o momento elixido para retirar o borrador non convenceu ao patrón maior de Raxó, Iago Tornei, que considera unha "canallada" anular a lei "tres días antes" da manifestación convocada en Santiago polo sector para que a xente "se bote atrás". 


Algo que sería negativo, según Antón Masa, xa que a lei de Acuicultur"non é o único" problema que afecta o sector. Así, o presidente da APDR reclamou un "verdadeiro saneamento das rías", e en particular da de Pontevedra, para que os mexilloeiros, mariñeiros e mariscadores poidan "traballar con dignidade".


Antón Masa denunciou a presenza de verteduras non só domésticas, senón tamén industriais, que atribuíu a Ence e a Elnosa, "co agravante da prórroga por 60 anos máis" á fábrica pasteira.


A XENTE DO MAR ESPERA REUNIR 30.000 PERSOAS EN SANTIAGO


Mentres tanto, representantes dos sectores productivos vinculados ao mar fixeron un chamamento para secundar a manifestación deste sábado, na que esperan unhas 30.000 persoas. De feito, xa contan con máis de 200 autobuses contratados. 


O representante da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido, reivindicou a retirada da lei de acuicultura como "unha conquista da unidade da xente do mar", reclamando seguir polo camiño "unindo revindicacións para conseguir unha postura de forza ante a administración". 




Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress