#Claves de la semana

A Xunta quere levar a auga a máis núcleos de poboación

Anuncia un investimento de 90 millóns de euros en abastecemento e saneamento, co obxectivo de levar a auga a todos os núcleos de poboación con máis de 50 habitantes


|


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres o plan de investimentos do goberno autonómico en materia de abastecemento e saneamento. Adicaranse 90 millóns de euros, destinados en gran medida a camiñar cara o obxectivo de levar a auga a todos os núcleos de poboación con máis de 50 habitantes, ademais de "seguir" co saneamento das rías e ríos. 


Feijóo aproveitou a inauguración da deputadora de Ames-Brión para anunciar o seu compromiso de intentar que "chegue o abastecemento a todos os núcleos que superen os 50 habitantes". Asegura que se realizarán  36 obras de saneamento, 17 de abastecemento e outras dúas contra as inundacións (como contempla o plan hidrolóxico Galicia-Costa). 


O "firme compromiso" co saneamento e a depuración das augas da Xunta que reivindicou Feijóo, foi cifrado por parte do mandatario autonómico en 1.000 millóns de euros de investimento desde 2009.



Así, esta contía permitiu realizar 350 actuacións en 163 concellos, máis da metade dos que conta Galicia. Do investimento, o 75 por cento foi a estacións de depuración, mentres que o resto a saneamento.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE