#Claves de la semana

A Asociación pola Defensa da Ría levará ata os tribunais a loita contra ENCE

Lanza un ataque doble, intentando anular a validez da prórroga mentres recorre paralelamente á Audiencia Nacional




|



A Asociaciación pola defensa da Ría de Pontevedra segue loitando con todos os medios dispoñibles contra a prórroga de ENCE ata o 2073, decretada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy. A presión social e política revelouse ata agora insuficiente, por iso decidiron continuar coa súa loita nos despachos e nos tribunais. 


Por unha banda, APDR presentará un recurso de alzada contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente que lles nega a condición de parte interesada, unha decisión que consideran "arbitraria e carente de toda xustificación". 


Cando o Ministerio lles negou esta condición de parte interesada tamén lles negou o trámite de audiencia, un "grave error" que entenden debería ser enmendado declarando a "nulidade" da resolución da prórroga de ENCE. 


Pese a todo, dende a plataforma teñen poucas esperanzas de que prospere este recurso xa que consideran que o Goberno non actuou neste proceso "con arreglo a dereito, senón utilizando o dereito en beneficio duns intereses privados".


Por iso lanzarán antes do 20 marzo un ataque paralelo, un recurso ante a Audiencia Nacional contra a prórroga, recordando a "incidencia no medio ambiente" que supón, que "hipoteca o futuro da Ría para varias xeracións e anula as posibilidades de recuperación da mesma".  



relacionada En Marea le exige a Sánchez la revocación de la prórroga de ENCE
relacionada Miles de persoas maniféstanse contra a prórroga de ENCE
relacionada O Goberno en funcións prorroga 60 anos a concesión de Ence en Pontevedra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE