#Claves de la semana

Tecnoloxía para os alumnos galegos que comprenden o uso intelixente da auga

Acaba de coñecerse o resultado do II Certame Literario 'Relatos de auga intelixente', convocado por ViAQUA, que premia con Ipads e libros electrónicos aos escolares galegos que mellor entendan a importancia do uso resp


|



Acaba de coñecerse o resultado do II Certame Literario 'Relatos de auga intelixente', convocado por ViAQUA, que premia con Ipads e libros electrónicos aos escolares galegos que mellor entendan a importancia do uso responsable e do coidado do medio ambiente, así como o concepto de cidade intelixente.


Nesta segunda edición do certame recibíronse preto do dobre de traballos, máis de 300 microrrelatos entre as categorías de ESO e Bacharelato/FP.


Na primeira categoría resultaron vencedores dous escolares ourensanos. O primeiro premio foi para o microrrelato "Mensaxe dunha gota de auga", de Marieta Lage Rodríguez (Colexio Santa Teresa de Jesús) e o segundo para "¿Mirástedes algunha vez?, de Iker Nogueiras (Colegio Padre Feijóo Zorelle).


No caso da categoría de Bacharelato/FP o primeiro premio foi para Santiago, recaendo sobre Inés Saá (Colexio La Salle) por "Pensamentos Etéreos" e o segundo para Poio, sendo a gañadora Chiara Ianelli (Colexio Internacional SEK Atlántico) polo microrrelato titulado "Inconcebible".


En ambas categorías os primeiros clasificados recibirán un Ipad Mini e os segundos un eBook, que serán entregados nos municipios dos premiados en datas próximas á celebración do Día Mundial da Auga.


Tamén se concederá un recoñecemento para o Colexio ourensano Divina Pastora, por ser o centro donde máis traballos se presentaron. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE